Skip to content

12.  Estación de Cesures (Pontecesures) Traditional Cache

Hidden : 1/9/2022
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


O primeiro ferrocarril de Galicia, Cornes-Carril foi de gran transcendencia para o progreso e o desenvolvemento económico, a obra foi impulsada polo Concello Constitucional de Carril e pola Sociedade de Amigos do País. A sociedade ferroviaria, denominouse Sociedade do Ferrocarril Compostelano da Infanta Isabel e estaba presidida por Eugenio Montero Ríos. Despois de 11 anos de traballos a liña férrea foi inaugurada o 15 de setembro de 1873. O 11 de Abril de 1886 a primitiva compañía Sociedade do Ferrocarril Compostelano da Infanta Isabel converteuse na The West Galicia Railway Company cuxo xerente era John Trulock.

Entre as estacións termo de Carril e a de Cornes contaba con outras seis estacións intermedias, un total de oito paradas no total da viaxe: Carril, Catoira, Pontecesures, Padrón, A Escravitude, Osebe, O Casal e Cornes.

Nos anuncios da época indicaban as distancias exactas entre as estacións, as horas de saída e chegada a cada unha delas e o tempo de parada. O servizo regular comezaría ao día seguinte ao da inauguración con tres frecuencias diarias nas dúas direccións e cos seguintes horarios: Cornes - Carril: 8 h - 14:30 h - 22:30 h Carril - Cornes: 5:30 h - 11:30 h - 16:25 h Os prezos da viaxe, entre estas estacións, oscilaban segundo o tipo de vagón: 1ª clase: 20,16 reais 2ª clase: 15,12 reais 3ª clase: 9,07 reais

A estación de Pontecesures antes Cesures

Tras a presentación e o debate no Congreso dos Deputados, o 4 de febreiro de 1861 aprobábase por unanimidade a concesión dunha liña férrea entre Santiago e Pontecesures, e o 7 de abril de 1861 outorgábase por Decreto Lei a concesión ao señores Domingo Fontán, Inocencio Vilardebó e Joaquín Caballero. a que tiveron moitos problemas economicos nos comezos, sobre todo recelos por parte incluso dos propios socios, fixeronse estudos minuciosos da viavilidade do tren, como exemplo:

O 10 de febreiro de 1863 os responsables do futuro ferrocarril Carril-Cornes chegaban a un acordo co enxeñeiro inglés John Stephenson Mould para que este encargásese da construción da liña férrea. O proxecto da liña foi desenvolto polo enxeñeiro inglés Thomas Rumball, cuxo traballo se iniciaba coa introdución dalgunhas modificacións (por exemplo, a prolongación da liña desde o seu termo previsto en Pontecesures ata a definitiva estación termo en Carril) no trazado orixinariamente proposto sobre a Carta Xeométrica de Galicia realizada polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán, un dos concesionarios da liña. As obras estiveron a cargo do citado Mould, o seu socio italiano Camilo Bertorini e o tamén británico Stone, ademais da sociedade española Aldalud, Rodríguez e Compañía. Finalmente, o 15 de agosto de 1873, seis meses despois de proclamada a primeira república (11 de febreiro de 1873), a primeira locomotora chegaba á estación de Cornes, entón termo municipal de Conxo.

O 20 do mesmo mes facíanse as probas de carga e resistencia da ponte de *Ínsua, sobre o río Ulla, entre as estacións de Padrón e Pontecesures. O 30 de agosto tiña lugar unha sesión extraordinaria do Concello de Santiago de Compostela para a preparación dos actos oficiais a desenvolver con motivo da inauguración da liña de ferrocarril.

Despois de varios anos casi esquecida no 2019 e gracias á presión social sufriu un pequeno lavado de cara, ademaís de recoller moitas denuncias por falta de revisores.

Fontes: Cuatro palabras sobre la construcción del ferrocarril compostelano - A Buxa

O primeiro tren de Galicia

Esta serie consta de 14 cachés e está deseñada para visitar distintos puntos do percorrido que facía o primeiro tren de Galicia, saía da estación de Cornes e chegaba á estación de Carril, esta liña férrea foi inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Nesta serie colaboramos Tantotén, EAMteam, OGolpe e sasha01. Este é o resultado:

  1. Cornes, a estación de Rosalía - GC9G3AK
  2. O primeiro tren de Galicia - GC9G09K
  3. A Ponte de Ferro - GC9NCPD
  4. Estación de Casal - GC9G57C
  5. Estación de Osebe - GC9G63B
  6. Túnel do Faramello - GC9DTNH
  7. Estación da Escravitude - GC9KM1P
  8. A catástrofe ferroviaria de Pazos - GC9M2B7
  9. A Sariña. Deberiamos conservala! - GC9JTB9
  10. Estación de Padrón - GC9M6JZ
  11. A Ponte da Insua - GC9NETV
  12. Estación de Cesures (Pontecesures) - GC9M6P3
  13. Estación de Catoira - GC9K4W2
  14. EL MUSEO DEL TREN (Estación de Carril) - GC47E1V

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb. Aba rfgá aha ohengb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)