Skip to content

2. O primeiro tren de Galicia Mystery Cache

Hidden : 9/5/2021
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano        English (Sorry, not available)


O primeiro tren de Galicia

O primeiro ferrocarril de Galicia, Cornes-Carril foi de gran transcendencia para o progreso e o desenvolvemento económico, a obra foi impulsada polo Concello Constitucional de Carril e pola Sociedade de Amigos do País. A sociedade ferroviaria, denominouse Sociedade do Ferrocarril Compostelano da Infanta Isabel e estaba presidida por Eugenio Montero Ríos.

Despois de 11 anos de traballos a liña férrea foi inaugurada o 15 de setembro de 1873. O 11 de Abril de 1886 a primitiva compañía Sociedade do Ferrocarril Compostelano da Infanta Isabel converteuse na The West Galicia Railway Company cuxo xerente era John Trulock.

A liña percorría case corenta e dous quilómetros bordeando a ría de Arousa, cruzando os ríos Ulla e Sar e atravesando as bisbarras do Ullán e da Maía. No seu traxecto contaba con dúas pontes metálicas, a Ponte da Insua sobre o Ulla, en Padrón, e a Ponte de Ferro sobre o Sar, en Conxo (construídas ambas as dúas na fundición de H. J. Potter, en Manchester), e os túneles do Faramello, en Calo, e este da Fervenza, en Conxo, os dous miden aproximadamente cero coma quince quilómetros.

Entre as estacións termo de Carril e a de Cornes contaba con outras seis estacións intermedias, un total de oito paradas no total da viaxe: Carril, Catoira, Pontecesures, Padrón, A Escravitude, Osebe, O Casal e Cornes. Nos anuncios da época indicaban as distancias exactas entre as estacións, as horas de saída e chegada a cada unha delas e o tempo de parada. O servizo regular comezaría ao día seguinte ao da inauguración con tres frecuencias diarias nas dúas direccións e cos seguintes horarios:

Cornes - Carril: 8 h - 14:30 h - 22:30 h

Carril - Cornes: 5:30 h - 11:30 h - 16:25 h

Os prezos da viaxe, entre estas estacións, oscilaban segundo o tipo de vagón:

1ª clase: 20,16 reais

2ª clase: 15,12 reais

3ª clase: 9,07 reais

Horarios do tren

Pasarán 30 anos antes de que o primeiro ferrocarril de Galicia prolongase o seu tramo de vía 32 Km ata Pontevedra, o novo tramo será inaugurado o 24 de xullo de 1899.

A locomotora ‘Sariña’

Coñecida como a locomotora do avó de Cela, John Trulock, a locomotora Sar, fabricada en Leeds, chegou ao porto de Lisboa en 1880 para prestar servizo nos ferrocarrís de Beira Alta. O presidente desta concesión e da Cámara de Comercio de Vilagarcía, José María Abalo e Souça, regalou esta locomotora a John Trulock e foi rebautizada co nome do río Sar, e este derivou popularmente na xa coñecida como 'Sariña' debido ao seu pequeno tamaño. A máquina empezou a ser coñecida como a locomotora do xerente, que a utilizaba para os seus desprazamentos.

As outras locomotoras contemporáneas da Sar que arrastraron os trens da The West, coñecida popularmente como ‘Te-Bes’, foron as denominadas: Río Ulla, Río Umia, Río Lérez e curiosamente unha que se chamaba Jerez, pola simpatía que os ingleses sentían por esa zona vinícola, que eles explotaban.

Tras a morte de Trulock, a máquina destinouse ao servizo de manobras da estación de Carril e en 1941, ano en que foi creada "RENFE" cambiouse a súa denominación por 030-0201, a súa última viaxe foi en 1968, facendo o traxecto Vigo-Vilagarcía.

O mítico tren de Varela

Foi polos anos trinta cando comezou a conducir un tren entre Vilagarcía e Santiago o tamén mítico maquinista José Ramón Varela, o do famosísimo Tren de Varela. Varela, a bordo da locomotora Caldas de Reis, intentaba subir a pequena pendente existente no lugar denominado O Salgueiral (preto da estación de Vilagarcía en sentido Santiago), pero sempre que os raís estaban mollados a locomotora, debido ao seu pouco peso, patinaba e cando isto ocorría Varela accionaba o asubío da súa locomotora tres veces. Cando isto ocorría da estación de Vilagarcía saía a Sariña para empuxar o tren de Varela axudándoo a superar aquela pequena rampla. Esta operación deu lugar a unha copla que foi cantada no Entroido da época e que dicía:

“Déronlle a misión

á máquina Sarela

de darlle polo cu

ao tren de Varela”

A lenda do tren de Varela comeza en 1928, cando ascende a maquinista e faise cargo do tren das sete e vinte. A este tren subíanse xentes de todas clases: leiteiras, estudantes, labregos, médicos, peixeiras, etc. Varela imprimía ao seu tren, arrastrado pola locomotora catrocentos corenta e dous, un ritmo peculiar: comezaba amodo, ata o paso a nivel de Trabanca Sardiñeira, para poder recoller o almorzo que lle traía ata ese punto un dos seus fillos. Logo forzaba a marcha para compensar calquera posible atraso. Se algún pasaxeiro lle pedíalle ao señor Varela: - A ver se me pode parar alí, xa sabe vostede, pouco antes da estación de Catoira, así quedo máis preto da miña casa. É que hoxe teño moita presa!- efectivamente, o tren diminuía a súa marcha ata deterse e o pasaxeiro apeábase. Outras veces, en época de caza, os cazadores esperaban ao pé da vía e Varela paraba para que metesen aos seus cans no furgón e subisen ao tren. Había unha parada obrigada nos días de calor, Varela paraba o tren e el e os seus pasaxeiros baixaban beber en San Martiño de Laraño, nunha fonte de manancial que saía entre unhas rochas. En canto todos saciaban a súa sede, o tren continuaba.

Cando o tren chegaba ás estacións, os que esperaban gritaban: Chegou o de Varela!

Como chegar ao tesouro?

Todos os datos que precisas para estes cálculos están na páxina do caché, usa exclusivamente estes. Ten en conta que só debes empregar os tres primeiros decimais sen redondear.

Para coñecer as coordenadas finais tes que ler o texto e responder unhas preguntas coas que obterás os números A, B, C, D, E:

A => Á Sañita asignáronlle unha matrícula. Suma todos e reduce a un díxito.

B => Chegou o de Varela! Que matrícula tiña a máquina que tiraba do tren? Suma e reduce a un díxito.

C => Os dous túneles miden case o mesmo. Sobre cantos metros son? Suma e reduce a un díxito.

D => Cantas estacións había entre a de Cornes e a de Carril?

Varela, ás veces, paraba o tren fóra das estacións.

E => José Ramón, onde recollía a primiera comida do día? Xxxxxxxx Xxxxxxxxxx Conta as letras “a” das plabras.

 

Agora con estes valores obtés as velocidades que vas precisar para os seguintes cálculos:

Velocidade do tren de Varela VV = AxD+E

Velocidade do tren da Sariña VS = CxBx3

 

Só che queda resolver o clásico problema de trens

Dous trens saen ao mesmo tempo, o de Varela sae de Carril e o da Sariña sae de Cornes. Diríxense un cara o outro, sen parar e velocidades constantes. Sabendo que a velocidade do tren de Varela é VV km/h e a velocidade da Sariña é VS km/h.

A qué distancia de Cornes se encontrarán?

O formato do resultado para Certitude é do tipo xx,xxx


Podes comprobar a solución en certitude.

 

   A Vilagarcía antiga, "Unha ventá para o recordo"

 

Galego        Castellano        English (Sorry, not available)


El primer tren de Galicia

El primer ferrocarril de Galicia, Cornes-Carril fue de gran trascendencia para el progreso y el desarrollo económico, la obra fue impulsada polo Ayuntamiento Constitucional de Carril y por la Sociedad de Amigos del País. La sociedad ferroviaria, se denominó Sociedad del Ferrocarril Compostelano de la Infanta Isabel y estaba presidida por Eugenio Montero Ríos.

Después de 11 años de trabajos la línea férrea fue inaugurada el 15 de septiembre de 1873. El 11 de abril de 1886 la primitiva compañía Sociedad del Ferrocarril Compostelano de la Infanta Isabel se convirtió en la The West Galicia Railway Company cuyo gerente era John Trulock.

La línea recorría casi cuarenta y dos kilómetros bordeando la ría de Arousa, cruzando los ríos Ulla y Sar y atravesando las comarcas del Ullán y de A Maía. En su trayecto contaba con dos puentes metálicos, el Puente da Insua sobre el Ulla, en Padrón, y el Puente de Ferro sobre el Sar, en Conxo (construidas ambas en la fundición de H. J. Potter, en Manchester), y los túneles del Faramello, en Calo, y este de la Fervenza, en Conxo, los dos miden aproximadamente cero coma quince kilómetros.

Entre las estaciones término de Carril y la de Cornes contaba con otras seis estaciones intermedias, un total de ocho paradas en el total del viaje: Carril, Catoira, Pontecesures, Padrón, A Esclavitud, Osebe, O Casal y Cornes. En los anuncios de la época indicaban las distancias exactas entre las estaciones, las horas de salida y llegada la cada una de ellas y el tiempo de parada. El servicio regular comenzaría al día siguiente al de la inauguración con tres frecuencias diarias en las dos direcciones y con los siguientes horarios:

Cornes - Carril: 8 h - 14:30 h - 22:30 h

Carril - Cornes: 5:30 h - 11:30 h - 16:25 h

Los precios del viaje, entre estas estaciones, oscilaban según el tipo de vagón:

1ª clase: 20,16 reales

2ª clase: 15,12 reales

3ª clase: 9,07 reales

Horarios do tren

Pasarán 30 años antes de que el primer ferrocarril de Galicia prolongara su tramo de vía 32 Km hasta Pontevedra, el nuevo tramo será inaugurado el 24 de julio de 1899.

La locomotora Sariña

Conocida como la locomotora del abuelo de Cela, John Trulock, la locomotora Sar, fabricada en Leeds, llegó al puerto de Lisboa en 1880 para prestar servicio en los ferrocarriles de Beira Alta. El presidente de esta concesión y de la Cámara de Comercio de Vilagarcía, José María Abalo y Souça, regaló esta locomotora a John Trulock y fue rebautizada con el nombre del río Sar, y este derivó popularmente en la ya conocida como 'Sariña' debido a su pequeño tamaño. La máquina empezó a ser conocida como la locomotora del gerente, que la utilizaba para sus desplazamientos.

Las otras locomotoras contemporáneas de la Sar que arrastraron los trenes de la The West, conocida popularmente como ‘Te-Bes’, fueron las denominadas: Río Ulla, Río Umia, Río Lérez y curiosamente una que se llamaba Jerez, por la simpatía que los ingleses sentían por esa zona vinícola, que ellos explotaban.

Tras la muerte de Trulock, la máquina se destinó al servicio de maniobras de la estación de Carril y en 1941, año en que fue creada "RENFE" se cambió su denominación por 030-0201, su último viaje fue en 1968, haciendo el trayecto Vigo-Vilagarcía.

El mítico tren de Varela

Fue hacia los años treinta cuando comenzó a conducir un tren entre Vilagarcía y Santiago el también mítico maquinista José Ramón Varela, el del famosísimo tren de Varela. Varela, a bordo de la locomotora Caldas de Reis, intentaba subir la pequeña pendiente existente en el lugar denominado O Salgueiral (cerca de la estación de Vilagarcía en sentido Santiago), pero siempre que los raíles estaban mojados la locomotora, debido a su poco peso, patinaba y cuando esto ocurría Varela accionaba el silbato de su locomotora tres veces. Cuando esto ocurría de la estación de Vilagarcía salía la Sariña para empujar el tren de Varela ayudándolo a superar aquella pequeña cuesta. Esta operación dio lugar a una copla que fue cantada en el Entroido de la época y que decía:

“Le dieron la misión

a la máquina Sarela

de darle por el culo

al tren de Varela”

La leyenda del tren de Varela comienza en 1928, cuando asciende el maquinista y se hace cargo del tren de las siete y veinte. A este tren se subían gentes de todas clases: lecheras, estudiantes, labradores, médicos, pescaderas, etc. Varela imprimía a su tren, arrastrado por la locomotora cuatrocientos cuarenta y dos, un ritmo peculiar: comenzaba despacio, hasta el paso a nivel de Trabanca Sardiñeira, donde hacía la primera parada no oficial, para poder recoger el desayuno que le traía a ese punto uno de sus hijos. Luego forzaba la marcha para compensar cualquier posible retraso. Si algún pasajero le pedía al señor Varela: - A ver si me puede parar allí, ya sabe usted, poco antes de la estación de Catoira, así quedo más cerca de mi casa. ¡Es que hoy tengo mucha prisa! - efectivamente, el tren disminuía su marcha hasta detenerse y el pasajero se apeaba. Otras veces, en época de caza, los cazadores esperaban al pie de la vía y Varela paraba para que metieran a sus perros en el furgón y subieran al tren. Había una parada obligada en los días de calor, Varela paraba el tren y él y sus pasajeros bajaban beber en San Martiño de Laraño, en una fuente de manantial que salía entre unas rocas. En cuanto todos saciaban su sed, el tren continuaba.

Cuando el tren llegaba a las estaciones, los que esperaban gritaban: Llegó el de Varela!

¿Cómo llegar al tesoro?

Todos los datos que necesitas para los siguientes cálculos están en la página del caché, usa exclusivamente estos. Ten en cuenta que sólo debes emplear los tres primeros decimales sin redondear.

Para conocer las coordenadas finales tienes que leer el texto y responder unas preguntas con las que obtendrás los números A, B, C, D, E:

A => A la Sariña le asignaron una matrícula. Suma todos y redúcela a un dígito.

B => Llegó el de Varela! ¿Qué matrícula tenía la máquina que tiraba del tren? Súmalos y reduce a un dígito.

C => Los dos túneles miden casi lo mesmo. ¿Sobre cuántos metros son? Suma y reduce a un dígito.

D => ¿Cuántas estaciones había entre la de Cornes y la de Carril?

Varela, a veces, paraba el tren fuera de las estaciones.

E => ¿Dónde recogía José Ramón la primera comida del día? Xxxxxxxx Xxxxxxxxxx Cuenta las letras “a” de las plabras.

 

Ahora con estos valores obtienes las velocidades que vas necesitar para los cálculos:

Velocidad del tren de Varela VV = AxD+E

Velocidad del tren de Sariña VS = CxBx3

 

Sólo te queda resolver el clásico problema de trenes:

Dos trenes salen al mismo tiempo, el de Varela sale de Carril y el de la Sariña sale de Cornes. Se dirigen uno hacia lo otro, sin parar y velocidades constantes. Sabiendo que la velocidad del tren de Varela es VV km/h y la velocidad de la Sariña es VS km/h.

¿A qué distancia de Cornes se encontrarán?

El formato del resultado para Certitude es del tipo xx,xxx


Puedes comprobar la solución en certitude.

 

   A Vilagarcía antiga, "Unha ventá para o recordo"

 

O primeiro tren de Galicia

Esta serie consta de 14 cachés e está deseñada para visitar distintos puntos do percorrido que facía o primeiro tren de Galicia, saía da estación de Cornes e chegaba á estación de Carril, esta liña férrea foi inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Nesta serie colaboramos Tantotén, EAMteam, OGolpe e sasha01. Este é o resultado:

  1. Cornes, a estación de Rosalía - GC9G3AK
  2. O primeiro tren de Galicia - GC9G09K
  3. A Ponte de Ferro - GC9NCPD
  4. Estación de Casal - GC9G57C
  5. Estación de Osebe - GC9G63B
  6. Túnel do Faramello - GC9DTNH
  7. Estación da Escravitude - GC9KM1P
  8. A catástrofe ferroviaria de Pazos - GC9M2B7
  9. A Sariña. Deberiamos conservala! - GC9JTB9
  10. Estación de Padrón - GC9M6JZ
  11. A Ponte da Insua - GC9NETV
  12. Estación de Cesures (Pontecesures) - GC9M6P3
  13. Estación de Catoira - GC9K4W2
  14. EL MUSEO DEL TREN (Estación de Carril) - GC47E1V

Additional Hints (Decrypt)

42xz aba é haun zrqvqn rknpgn. Inafr ngbcne ab gúary qb Snenzryyb, creb aba é qr zbvgn nkhqn. Ra Pregvghqr rfgá gbqb. 42xz ab rf han zrqvqn rknpgn. Fr ina n rapbagene ra ry gúary qr B Snenzryyb, creb ab rf qr zhpun nlhqn. Ra Pregvghqr rfgá gbqb.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)