Galego Castellano English not available
Como en todo país aquí tamén se avanzou e moito grazas aos camiños de ferro, e neste caso mais se cabe xa que no seu día foi o primeiro tramo de vía ferrá de Galicia que unía Cornes (Santiago) con Carril, ou o que é o mesmo, a costa co interior. Tras moitos anos en funcionamento, na última década cambiouse o trazado da vía para axustalo máis á velocidade actual e en Galicia e supuxo moitos quilómetros de potenciais sendas verdes, que esperemos que nun futuro próximo chéguen a converterse en realidade.
A necesidade de actualizar as infraestruturas e non ficar atrás na carreira por acadar as dinámicas económicas asociadas á revolución industrial favorecen a aparición dunha serie de movementos sociais e empresariais que desencadearán a introdución do ferrocarril en Galicia . En atención aos antecedentes normativos como a Orde de 1852 do Ministerio de Fomento para promover o ferrocarril en Galicia e a Lei Xeral de Ferrocarrís, aprobada o 3 de xuño de 1855, créabase en Santiago de Compostela a chamada Xunta Ferroviaria, presidida por Joaquín Caballero Piñeiro e constituida por representantes do Concello de Santiago de Compostela e da Sociedade Económica de Amigos do País co obxectivo de fundar unha compañía ferroviaria que construíse unha liña férrea entre Santiago e a Ría de Arousa.
Tras a presentación e o debate no Congreso dos Deputados sobre a viabilidade desta infraestrutura, o 4 de febreiro de 1861 aprobábase por unanimidade a concesión dunha liña férrea entre Santiago e Pontecesures, e o 7 de abril de 1861 outorgábase por Decreto Lei a concesión aos señores Domingo Fontán, Inocencio Vilardebó e Joaquín Caballero, dos que se destacará a figura do primeiro, reputado matemático e xeógrafo, e autor da Carta Xeométrica de Galicia que servirá de base planimétrica para a execución do proxecto da liña, e da que Domingo Fontán realiza a base cartográfica.
O trazado da infraestrutura contaba con 42 km de percorrido, partindo da estación de Cornes, nas portas de Santiago, e rematando fronte á praia de Compostela. O desenvolvemento das obras implicou ter que facer fronte a diversos accidentes xeográficos, debendo ser executados dous túneles, en Conxo e O Faramello, e dúas pontes metálicas, unha en Cornes e outra entre Pontecesures e Padrón. Ao longo do seu percorrido contaba con seis estacións intermedias, que na actualidade forman parte da liña A Coruña-Vigo. O día 15 de setembro de 1873 foi inaugurada a liña de ferrocarril, celebrándose actos simultáneos nas súas estaciones extremas, Cornes ao norte e Carril ao sur.
Coordenadas finais e pista
Hai que responder ás seguintes preguntas, todas desde casa, todos son valores numéricos, os números de mais de 1 díxito hai que sumalos entre se ata que quede só un díxito. Para acceder ao caché e totalmente recomendable levar lanterna, luvas e calzado adecuado. Aparte das coordenadas finais o Certitude tamén vos dará a pista final.
A: Ano de inauguración da liña
B: Día que empezou a funcionar a liña
D: Alcume da liña de Santiago a Carril (sin contar co artigo)
E: Nome da estación de saída
Substituír valores nestas coordenadas:
N 42° 4(E+2).(D+2) (5-(D+2)) A' W 8° 37.B (E+2) (D+2)'
No certitude colocar as coordenadas resultantes deste xeito: N 42 4x.xxx W 008 37.xxx
Deixo aquí este enlace por se apatece esta ruta de Wikiloc: Ruta do Túnel do Faramello
Podes validar a solución ao teu puzzle con Certitude máis abaixo
Galego Castellano English not available
Como en todo país aquí también se avanzó y mucho gracias a los caminos de hierro, y en este caso mas se cabe ya que en su día fue el primer tramo de vía ferrá de Galicia que unía Cornes (Santiago) con Carril, o lo que es el mismo, la costa con el interior. Tras muchos años en funcionamiento, en la última década se cambió el trazado de la vía para ajustarlo más a la velocidad actual y en Galicia y supuso muchos kilómetros de potenciales sendas verdes, que esperemos que en un futuro próximo chéguen a convertirse en realidad. En el acceso donde podemos dejar el coche ya hay un cartel que nos informa brevemente de la historia de este túnel y de la vía, incluso el Ayuntamiento de Teo publicita una pequeña ruta de senderismo muy atractivo que utiliza el túnel como reclamo.
La necesidad de actualizar las infraestructuras y no quedar atrás en la carrera por alcanzar las dinámicas económicas asociadas a la revolución industrial favorecen la aparición de una serie de movimientos sociales y empresariales que desencadenarán la introducción del ferrocarril en Galicia . En atención a los antecedentes normativos como la Orden de 1852 del Ministerio de Fomento para promover el ferrocarril en Galicia y la Ley General de Ferrocarriles, aprobada el 3 de junio de 1855, créabase en Santiago de Compostela la llamada Junta #Ferroviario, presidida por Joaquín Caballero Piñeiro y constituida por representantes del Ayuntamiento de Santiago de Compostela y de la Sociedad Económica de Amigos del País con el objetivo de fundar una compañía ferroviaria que construyera una línea férrea entre Santiago y la Ría de Arousa.
Tras la presentación y el debate en el Congreso de los Diputados sobre la viabilidad de esta infraestrutura, el 4 de febrero de 1861 se aprobaba por unanimidad a concesión de una línea férrea entre Santiago y Pontecesures, y el 7 de abril de 1861 se otorgaba por Decreto Ley a concesión a los señores Domingo Fontán, Inocencio Vilardebó y Joaquín Caballero, de los que se destacará la figura del primero, reputado matemático y geógrafo, y autor de la Carta Geométrica de Galicia que servirá de base planimétrica para la ejecución del proyecto de la línea, y de la que Domingo Fontán realiza la base cartográfica.
El trazado de la infraestructura contaba con 42 km de recorrido, partiendo de la estación de Cornes, en las puertas de Santiago, y finalizando frente a la playa de Compostela . El desarrollo de las obras implicó tener que hacer frente a diversos accidentes geográficos, debiendo ser ejecutados dos túneles, en Conxo y El Faramello, y dos puentes metálicos, uno en Cornes y otro entre Pontecesures y Padrón . A lo largo de su recorrido se contaba con seis Estaciones intermedias, que en la actualidad forman parte de la línea A Coruña-Vigo. El día 15 de septiembre de 1873 fue inaugurada la línea de ferrocarril, celebrándose actos simultáneos en sus estaciones extremas, Cornes al Norte y Carril al Sur.
Coordenadas finales y pista
Hay que responder a las siguientes preguntas, todas desde casa, todos son valores numéricos, los números de más de 1 dígito hay que sumarlos entre si hasta que quede solo un dígito. Para acceder al caché es totalmente recomendable llevar linterna, guantes y calzado adecuado. Aparte de las coordenadas finales en Certitude también os dará la pista final.
A: Año de inauguración de la línea
B: Día que empezó a funcionar la línea
D: Apodo de la linea de Santiago a Carril (sin contar con el articulo)
E: Nombre de la estación de salida
Sustituír los valores en estas coordenadas:
N 42° 4(E+2).(D+2) (5-(D+2)) A' W 8° 37.B (E+2) (D+2)'
En certitude colocar las coordenadas resultantes de esta forma: N 42 4x.xxx W 008 37.xxx
Dejo aquí este enlace por si apatece esta ruta de Wikiloc: Ruta do Túnel do Faramello
Puedes validar la solución a tu puzzle con certitude.
Esta serie consta de 14 cachés e está deseñada para visitar distintos puntos do percorrido que facía o primeiro tren de Galicia, saía da estación de Cornes e chegaba á estación de Carril, esta liña férrea foi inaugurada o 15 de setembro de 1873.
Nesta serie colaboramos Tantotén, EAMteam, OGolpe e sasha01. Este é o resultado: