Skip to content

Curtas. Cazando Tesouros. Oficial GIFF 2023 Event Cache

This cache has been archived.

Geocaching HQ Admin: Thank you for hosting this geocaching Event! The date of the Event has passed. We automatically archive Events after 30 days (60 days for Mega- and Giga-Events). Attendees can still log archived Events, log trackables, and share their experiences.

More
Hidden : Saturday, November 18, 2023
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

18 November 2023, 12:15 - 13:30

Compostela leva moitos anos ofrecendo cine e curtametraxes, entre os máis destacados están os seguintes festivais:

37ª Edición do Festival Cineuropa

Curtocircuíto – 20º Festival Internacional de Cine

21º Festival Internacional de Cine Euro-Árabe AMAL

MICE 18ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Algo fallou, debería aparecer o título do evento

No ano 2023, celebraremos por primeira vez en Santiago un evento especial, con motivo do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Geocaching.

Lugar. CSC Aurelio Aguirre de Conxo (Concello de Santiago)

Data. Sábado, 18 de novembro de 2023

Hora. Ás 12:15

Grazas á colaboración do CSC Aurelio Aguirre de Conxo, dispoñemos dun espazo sinxelo pero axeitado para desfrutar dunha hora vendo as curtas finalistas deste ano. As finalistas destacaron pola súa creatividade, calidade de produción, contido e contribución á comunidade global de geocachers. Aquí tes a lista de curtametraxes finalistas e os seus directores:

 

► (Don’t) do it yourself - imp0nderabilia team

► A Geocaching Horror Story: 528 - Komikino

► A Mystery mystery - Mandagsbanden

► Call of geology - purple_team

► Don E.T. - CoMiKa

► Easy. TFTC - jebisata

► Eat Sleep Cache Repeat - ipoded

► Echoes - Seemyshell

► Found It! - GeoElmo6000

► Frog Story! - Pissepartout & LeChasseurDeMoldu

► Geocaching Might Be For You - Cache Canada

► Geocare - Home for the Aged Geocacher - chooknchunk

► HIDDEN TRACKS - zoobum

► Job Interview - Geocaching Warszawa

► Longest F-S-TF ever - 66 SecondFinders

► Roman GeoHoliday - GROTTAMBULOeDOLINA & after8

► The revolutionary Revolutionary - Uncle Chem

► Tilius Travel - TiliusTravel

Vota - Premio GIFF 2023 Escollida polo Público

Algo fallou, debería estar o QR para votar o premio da curta escollida polo público

 

Algo fallou, debería estar o cartel anunciador

A continuación, podes ver unha selección das mellores curtas de edicións anteriores:.

Best of: GIFF Selección de 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019

IFF 2021 Reel

 

Compostela celebra o mellor do cine e a cultura audiovisual

O Festival Cineuropa, na súa 37ª edición, é unha cita cinéfila peculiar que vén celebrándose en Compostela desde 1988. Ao longo do mes de novembro, ofrécese unha selección das mellores películas da tempada, que van dende as premiadas en Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o cine alternativo de menor recoñecemento. O festival reúne figuras destacadas, novos directores, películas documentais e proxeccións de copias especialmente restauradas para este evento non competitivo. Este festival caracterizase polo seu enfoque no desfrute do espectador e a súa independencia de intereses económicos.

Doutra banda, o Curtocircuíto, na súa 20ª edición, foi fundado en 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de promover a creación cinematográfica e audiovisual. Vinte edicións despois, o Curtocircuíto consolidouse como un festival destacado a nivel estatal, colaborando estreitamente con outros festivais da contorna e de Europa.

O Festival Internacional de Cine Euro-Árabe AMAL, na súa 21ª edición, celébrase en Compostela dende 2003. O seu obxectivo principal é dar a coñecer a situación actual do audiovisual árabe e servir como punto de partida para descubrir este rico mundo que, aínda hoxe, segue sendo descoñecido en España. As súas proxeccións xeran un amplo abano de cuestións de interese sobre o mundo árabe.

Por último, a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), na súa 18ª edición, dedícase a dar a coñecer traballos audiovisuais recentes no ámbito da etnografía e da antropoloxía visual.

Additional Hints (No hints available.)