Skip to content

Praia e Lagoa de Baldaio 🏖️ Traditional Cache

Hidden : 3/3/2022
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


 
 
GALEGO
 
Baldaio é praia, lagoa e marisma. Un areal no que respirar fondo e acougar, en contacto coa natureza. É, de feito, un dos humidais máis importantes de Galicia e zona de especial protección ambiental.
 
O mar adéntrase na terra e mestúrase coas augas doces que chegan dos ríos da zona. Créase así un espazo, a marisma, moito máis fértil que calquera terreo de labranza. A barra de dunas, que une Baldaio a Razo, prolóngase ao longo de tres quilómetros.
 
En Baldaio poderás observar a centos de aves, especies únicas en Galicia, vivindo en harmonía nestas fermosas paraxes. As lindes entre a marisma e a lagoa son lugar privilexiado para poder observar a gran variedade de aves que teñen en Baldaio o seu hábitat cotiá ou lugar de descanso ou destino na súa travesía migratoria.
 
Á entrada da lagoa foi construído un punto de observación ornitolóxica, onde poderás observar, sen que se decaten da túa presenza, o día a día destas aves, en pacífica convivencia co traballo das mariscadoras. Tamén tes a opción de sumarte aos roteiros ornitolóxicos que se organizan na zona.
 
Durante catro décadas, Baldaio foi explotado por empresas privadas para a extracción de area. Destruíron a paisaxe da ría, variaron as súas correntes, construíron unha pista que partiu a marisma en dous, e mesmo lles impediron aos veciños e veciñas da zona extraer delas o marisco que lles permitía subsistir.
 
A batalla foi longa. Houbo manifestacións, detencións e represión. Mesmo un rapaz morreu despois de que a garda civil o obrigara a levar ao lombo, até o cuartel de Baldaio, o marisco que xuntara ese día na ría. Tras unha longa disputa xudicial, o Tribunal Supremo devolveulle a lagoa aos veciños e veciñas na década dos 90. Nos últimos anos acometeuse un importante traballo de recuperación ambiental para intentar devolverlle a súa aparencia orixinal.
 
Fonte: www.turismocarballo.com
 
 
CASTELLANO
 
Baldaio es playa, laguna y marisma. Un arenal en el que respirar fondo y buscar sosiego en contacto con la naturaleza. Es, de hecho, uno de los humedales más importantes de Galicia y zona de especial protección ambiental.
 
El mar se adentra en la tierra y se mezcla con las aguas dulces que llegan de los ríos de la zona. Se crea así un espacio, la marisma, mucho más fértil que cualquier terreno de labranza. La barra de dunas que une Baldaio a Razo se prolonga a lo largo de tres kilómetros.
 
En Baldaio podrás observar a cientos de aves, especies únicas en Galicia, viviendo en armonía en estos hermosos parajes. Los lindes entre la marisma y la laguna son lugar privilegiado para poder observar la gran variedad de aves que tienen en Baldaio su hábitat cotidiano o lugar de descanso o destino en su travesía migratoria.
 
A la entrada de la laguna fue construido un punto de observación ornitológica, donde podrás acechar, sin que se percaten de tu presencia, el día a día de estas aves, en pacífica convivencia con el trabajo de las mariscadoras. También tienes la opción de sumarte a las rutas ornitológicas que se organizan en la zona.
 
Durante cuatro décadas, Baldaio fue explotado por empresas privadas para la extracción de arena. Destruyeron el paisaje de la ría, variaron sus corrientes, construyeron una pista que partió la marisma en dos, e incluso les impidieron a los vecinos y vecinas de la zona extraer de ella el marisco que les permitía subsistir.

La batalla fue larga. Hubo manifestaciones, detenciones y represión. Incluso un chico murió después de que la guarda civil lo obligase a cargar a cuestas, hasta el cuartel de Baldaio, el marisco que había juntado ese día en la ría. Tras una larga disputa judicial, el Tribunal Supremo le devolvió la laguna a los vecinos y vecinas en la década de los noventa. En los últimos años se acometió un importante trabajo de recuperación ambiental para intentar devolverle su apariencia original.
 
Fuente: www.turismocarballo.com

Additional Hints (Decrypt)

Sbgb fcbvyre.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)