Skip to content

Mostra de Hórreos Traditional Geocache

Hidden : 12/7/2020
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


"Agrupación de unha ducia de canastros con estrutura principalmente mixta: de pedra e madeira, aínda que algún e de tipoloxía única (madeira unicamente) salvo os pés.
En pedra son os pés dereitos con cámaras asentadas sobre mesas e remate de pedra troncocónica coroada por moas coa cara superior convexa e voando contra os ratos, as vigas de base, columnas intercaladas, a nas das esquinas.
Os peches laterais e frontais son en madeira de pino ou castiñeiro. Cuberta de tella maiormente curva a dúas augas e remates de pináculos e cruz en algún deles.
Atopámolos no chamado campo da igrexa, fronte da igrexa e a reitoral, pero da outra beira da estrada, onde tamén se pode ver un cruceiro.
Algún non se atopa en moi boas condicións, sobre todo os de madeira, e están necesitando un arranxo urxente."

Na entrada ao núcleo hai un "Grupo de tres canastros o lado da estrada de Parada.
O primeiro é un canastro de tres claros, con cámara asentada sobre mesas apoiadas sobre cadeirado de granito, penais e costais de madeira con columnas intermedias de granito. Cuberta a dúas augas con capías e terminais de cruz e pináculo.
O segundo é o maior, tendo cinco claros, notándose que a construción foi por etapas, pois están moi marcadas as diferenzas, incluídos os pés, que os ten de dous tipos.
O terceiro de eles ten catro claros e distínguense as partes que pertencen a cada dono, notándose a diferenza na cuberta sobre todo.
Os dous últimos non ten ningún elemento decorativo no tellado.
Atopámolos na beirarrúa, no lateral norte de unha aira empedrada, dentro do casco urbano de Amoeiro."

Información de http://patrimoniogalego.net/

Additional Hints (No hints available.)