Skip to content

Riberas del Barbaña Traditional Geocache

Hidden : 1/2/2021
Difficulty:
3.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


O río Barbaña foi noutro tempo un contorno que asemellaba a aquela Arcadia dos gregos. Un pequeno paraiso de pastores e pastoras que gardaban os seus gandos nunha e outra orela, no medio dunha paisaxe verdescente e florida, comunicándose as súas coitas e reloucos amorosos en voz alta que amortecía o monótono discorrer das augas, entón transparentes e cristalinas. Tamén era un edén para os pescos. Abundaban peixes, troitas, anguías, escoitábase o croar das ras e frecuentábano aves e mamíferos acuáticos.

Este río é o resultado de tres regatos que descenden polas parroquias de San Xulián de Figueiroá (dende o alto do Nevoeiro), Santa Baia de Golpellás e Cantoña. Recibe o nome do que pasa pola aldea de Barbaña (Golpellás) e rega o val de Rabeda. Preto de Calvos, cal outro Guadiana, desaparece baixo terra, para voltar á superficie ó pouco treito. Descende por Seixalbo, Sevilla, Mariñamansa, Sila, Pozo do Inferno, Vila Valencia, Porto Carreiro, desembocando no Miño un pouco máis abaixo da Ponte Vella. Ten un só afluente regular, o río dos Muiños (Barbñica) que nace na Mezquita, pasando por Pontón, A Valenzá, A Carballeira, xuntándose co principal preto do polvorín, no Pozo do Inferno.

 

 

O paso pola ciudade atravesábano as pontes de Sevilla, Codesal, Pelamios, Pedriña e Lebrona.

O caudal deste manso río aumenta considerablemente coas choivas do inverno e no verán experimenta unha dura estiaxe. En xullo de 1945 sufriu unha xigantesca crecida debido a unha tromba de auga que caeu no nacemento do dos Muíños, ocasionando graves danos, destrución de casas, pontes, cultivos e morte de animais e de varias persoas que foron arrastradas ata a desembocadura, algunha non apreceu máis.

Mentras Ourense era unha pequena cidade conservou o seu caracter idílico. Co crecemento da población, perdeu aquela condición e transformouse nun vertedeiro de lixo onde desapareceu toda clase de vida e ó mesmo tempo nun foco de infección con emanación de pestilentes cheirumes. Coa chegada da democracia, vén sendo a súa recuperación un dos temas que expoñen os distintos partidos políticos nos seus programas electorais. Tense feito bastante: Recollida das augas residuais mediante a construcción de colectores, o paseo que vai polas súas beiras desde o Remedios ata o Pabillón Paco Paz, o hoxe fermoso Parque Barbaña, a mellora das augas coa depuradora do Polígono que facilita a presencia de bandos de parrulos silvestres, pitas de auga e dunha que outra troita que xa foi vista por uns ollos cheos de fantasía e peixiños que prateaban no fondo areoso.

Débese continuar nesta labor, de xeito que nun futuro próximo o Barbaña poida compararse co Esgueva que atravesa a cidade de Valladolid, exemplo de recuperación ecolóxica. Neste traballo, os ourensáns debemos dar exemplo de civismo, tratando ó río como un lugar virxe, como algo que é noso, con cariño, manténdoo limpo, as depuradoras funcionando a cotío, facer desaparecer tódolos desagues nocivos e mellora-la vida nas súas augas con soltas de crías e unha vixilancia exhaustiva. Este ambiente de amor, de preocupación polo río, vímolo observando en moita xente que pasea polas súas beiras. Cando consigámo-la realización deste ideal, podemos decir que Ourense progresa, que en Ourense hai un verdadeiro progresismo.

O BARBAÑA (Antonio Vázquez Martín) La Región  23.07.2000


 

Additional Hints (Decrypt)

Ireqr uvrqen. Qvfperppvóa, chrf yn mban rf zhl genafvgnqn.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)