Skip to content

Faia Traditional Cache

Hidden : 6/10/2016
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Faia


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 7 a 23h.


ANGIOSPERMAE / FAGALES / FAGACEAE

NOME CIENTÍFICO: Fagus sylvatica L.

OUTRAS DENOMINACIÓNS: faia, haya.

ETIMOLOXÍA: FAGUS: do grego FAGOS: comer, en alusión aos seus froitos comestibles; SYLVA: selva, bosque, por formar ou atoparse en formacións boscosas.

DESCRICIÓN: Árbore monoica de ata 40 m. Sistema radical potente, con raíz principal recta e pouco profunda e raíces secundarias moi fortes. Tronco primeiro flexuoso, despois esvelto, dereito, cheo e limpo. Cortiza primeiro verdosa e lisa, que co tempo se volve gris - cincenta con franxas horizontais máis claras. Copa alta, cónica e estreita nos exemplares novos, arredondada, máis ou menos aplanada e moi ramalluda nos exemplares adultos.

Follas de 4-9 x 2,5-6 cm, caedizas, simples, alternas, colocadas en dúas filas (dísticas), con pecíolo curto, ovadas ou elípticas, de bordo case enteiro, ondulado e ciliado, apuntadas no ápice, cuneadas na base, cor verde escura, máis lustrosas na face que no envés, que se colocan en posición horizontal.

Flores unisexuais, amarelentas, verdosas ou esbrancuxadas, as masculinas con envolta floral membranosa provista de 4-7 lóbulos e 8-16 estames, agrupadas en amentos de ata 1 cm de diámetro, longamente pedunculados, globosos e colgantes. As femininas coa envolta floral con 4-6 divisións e ovario ínfero con 3 estilos e 3 estigmas, agrupadas xeralmente de 2 en 2 e rodeadas de numerosas brácteas, situadas case no extremo do brote. O froito é un aquenio (faiuco) de 1,3-2,8 x 0,7-1,1 cm, cor castaña brillante, trígono, coas arestas moi marcadas, reunidos por 1-2 en cúpulas de 2-3 cm, recubertas de espiñas non pinchudas, cor verde ou acastañada, que se abren por 4 valvas. Semente comestible. Madura entre setembro e outubro.

FLORACIÓN: coetánea coa aparición das follas, entre abril e maio. A polinización é anemógama.

ORIXE: Orixinaria de Europa Central e Asia Menor.

HÁBITAT: Habita en ladeiras e fondo de vales húmidos e bosques umbríos de montaña.

LOCALIZACIÓN: En Galicia é escasa, só se atopa na zona montañosa da provincia de Lugo.

USOS: A madeira é apreciada en carpintería e ebanistería, tamén se utiliza na fabricación de parquet. Do froito extraíase un aceite usado en culinaria. Os faiucos son comestibles. Á súa cortiza atribúenselle propiedades antifebrífugas e coa brea extraída da súa madeira se combatía a tuberculose. A leña ten un gran poder calorífico e dela extráese un bo carbón. En xardinería ten uso como especie ornamental, onde se utiliza xeralmente unha variedade das follas castaña - avermelladas (Fagus sylvatica cv. atropururea).

OBSERVACIÓNS: A colocación horizontal das follas intercepta completamente os raios solares, polo que baixo a copa reina unha continua penumbra, moi característica dos faiedos.

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

NOTA: Este caché está aquí porque se vos fixades na distribución das faias en Galicia a presencia das mesmas é escasa, por iso está colocado aquí este caché, "fóra de lugar"

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb, aba neevfdhrf n dhr gr irkna! Zntaégvpb ¡Ab neevrfthrf n dhr gr irna! Zntargvp Qb abg evfx orvat frra!

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)