Skip to content

Castiñeiro Traditional Cache

Hidden : 6/10/2016
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Castiñeiro


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 7 a 23h.


GIMNOSPERMAE / PINALES / CUPRESSACEAE

NOME CIENTÍFICO: Castanea sativa Miller, Castanea vulgaris Lam., Castanea vesca Gaertner

OUTRAS DENOMINACIÓNS: castiñeiro, castañeiro, castaño.

ETIMOLOXÍA: SATIVA: por ser especie cultivada.

DESCRICIÓN: Árbore monoica de ata 30 m. Sistema radical potente, moi estendido e robusto. Tronco groso e dereito, en exemplares moi vellos oco. Cortiza cincenta - pardusca, máis ou menos abrancazada e lisa ao principio, que co tempo vai tornando a castaña escura e formando gretas en sentido vertical, ás veces de forma helicoidal. Copa alta, esférica, moi ramosa e densa.

Follas de 10-25 x 5-8 cm, caedizas, simples, alternas, colocadas en dúas filas (dísticas), con pecíolo de 2 cm, oblongo - lanceoladas, serradas, cos dentes rematados nunha aresta, agudas no ápice, cuneadas na base, cor verde lustrosa na face, máis pálidas e escamulosas no envés. No outono as follas vólvense primeiro amarelas e despois parda - escuras.

Flores unisexuais, amarelentas, as masculinas con envolta floral sepaloidea, partida en 6 pezas e con 8-12 estames, agrupadas en amentos de 13-30 x 0,5-0,7 cm, erectos e interrompidos, verdes cando novos, amarelos na floración. As femininas con envolta floral urceolada (en forma de ola) provista de 6-8 lóbulos, ovario ínfero e 6-9 estilos, reunidas en grupos de 3 rodeados por brácteas e situados ao pé das inflorescencias masculinas. O froito é un aquenio de 2,5-4 cm, globoso, apuntado, cor castaña brillante. Os froitos agrúpanse, xeralmente en número de 1-3, raramente máis, nunha cúpula (ourizo) de ata 10 cm, primeiro verde, logo acastañada, provista de longas espiñas, moi punzantes, cubertas de pelos finos e suaves, que se abre por 2-4 valvas na madurez. Semente comestible. Madura entre setembro e novembro.

FLORACIÓN: entre maio e xuño. A polinización é entomógama.

ORIXE: Orixinaria de Asia Menor.

HÁBITAT: Habita en lugares frescos de bosques caducifolios.

LOCALIZACIÓN: Podemos atopala por todo o territorio de Galicia, pero é máis abundante na parte oriental, onde se conservan os mellores soutos.

USOS: Especie leñosa economicamente moi importante, cultivada dende hai milenios polos seus froitos (castañas) e pola súa madeira, moi estimada en ebanistería e carpintería. Tamén posúe un gran valor ornamental. Utilizada tamén como medicinal, pois follas e cortiza teñen propiedades astrinxentes, empregándose contra a disentería e a diarrea e, en infusión, utilizada en gargarismos ou enxaugues, é útil contra as inflamacións da gorxa e a tose. As varas utilízanse en cestería e tonelería. A cortiza ten aplicación en curtume e contén unha materia colorante coa que se prepara un tinte negro.

OBSERVACIÓNS: Como leña é un mal combustible. As castañas foron durante moito tempo a fonte principal de hidratos de carbono na alimentación humana no norte da península ibérica, ata a irrupción da pataca (de aí que nalgúns lugares esta reciba o nome de castaña de terra).

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

Additional Hints (Decrypt)

Ire fcbvyre

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)