Parque de la Finca do Espiño
(www.santiagoturismo.com)
Los 18.000 metros cuadrados de la Finca do Espiño atesoran una importantísima riqueza botánica y zoológica. En este parque, inaugurado en agosto de 2014, pueden contemplarse camelios de más de 80 años, así como una carballeira con 250 ejemplares —algunos con más de un siglo de antigüedad—, 100 acebos, una pícea de Noruega y una gran araucaria. Castaños, magnolios, numerosos arbustos y plantas florales completan, junto a las ruinas de un palacete de estilo neogótico, los atractivos de este espacio recuperado.
El parque cuenta además con una zona lacustre —recicla el agua de la lluvia para abastecer el sistema de riego— y merenderos.
Pazo do Espiño
(www.wikipedia.gl)
O pazo do Espiño é unha edificación localizada en Santiago de Compostela de arquitectura modernista erixida entre 1910 e 1915 por Jesús López de Rego, por encargo de Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga.
Características
Consta de dous andares e unha capela anexa na parte posterior. Trátase dun pazo residencial, e destacan as súas ameas na liña de cornixa, así como tamén polo tratamento de imitación de pedra dado aos seus muros de formigón, e mais polos detalles vexetais e figurativos (gárgolas) da súa decoración exterior, moldeados en cemento da época.
Está rodeado por abundante vexetación, entre a que sobresae unha carballeira que limita co pazo presidencial de Monte Pío, e a un quilómetro escaso da praza do Obradoiro.
Polémica
Xa no século XX presentouse un proxecto para rehabilitar o espazo como parque público e para a construción dunha residencia da terceira idade. Durante o mandato de Conde Roa liberouse o solo coa intencion de edificar 120 vivendas de luxo. O seu sucesor na alcaldía Ángel Currás, sinalou, pola contra, que a súa prioridade era o acondicionamento do espazo público: parque e rehabilitación do palacete modernista. Non obstante, colectivos de activistas denunciaron en 2012 a política de liberalización do solo do PP, como unha "privatización dos espazos e dereitos públicos". Finalmente foi expropiada a parte correspondente o parque e o pazo que foi habilitada e aberta ao público en agosto de 2014.