Arte rupestre [9] petroglifos das cortes
Os novos gravados, pois, se emprazan en ladeira, pero sobre unha pequena elevación. Dende este punto se pode contemplar unha fermosa panorámica cara o Val do Rosal, ao río Miño e a Portugal.
Ditos gravados esténdense por diferentes e pequenas rochas planas graníticas, que son o soporte das mencionadas insculturas cruciformes, finamente logradas.
A súa tipoloxía é bastante diversa, en boa parte coñecida: simples cruces, outras con diferentes bases e algunhas figuras, que ben se merecen un detido estudio.
O que si é certo, trátase de unha recreación da Cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)