Galego Castellano
A traída da auga
A auga é consubstancial á vida: a construción dos edificios, a hixiene, a alimentación e moitas tarefas e profesións precisan auga. Antano en Santiago só uns poucos dispoñían dunha subministración propia: aqueles que tiñan un pozo ou os que conseguiran unha cota das augas que rebordaban das fontes ou que viñan pola traída da Fonte Branca. Xa que logo, só os máis ricos e as grandes institucións contaban cunha fonte para uso privado.
O crecemento da cidade trouxo unha enorme presión sobre o sistema de abastecemento: as ringleiras nas fontes medraban, o mantemento dos canos e conducións era un pesadelo, os barrios pedían fontes máis próximas, medraban as tomas ilegais, etc. Estas penurias limitaban a vida e o desenvolvemento da cidade e das súas xentes. Como en todas partes. A introdución das conducións de ferro na traída trouxo estabilidade ao sistema e alongou a súa vida ata a modernización de 1922. A cidade devecía pola moderna subministración, pero esta supuxo a fin do vello oficio das augadoras e da razón de ser das propias fontes que pasaron a ser un ornamento no espazo urbano. Mudou radicalmente a súa función e tamén a forma na que nós as percibimos.
A rede de abastecemento foi medrando, con motivo da construción do Hospital Real, engadiuse o manancial do Chan de Curros. Non foi ata 1932 que entraron en funcionamento as tomas das brañas de Brins e estas do monte Pedroso.
Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra
Esta serie está deseñada para percorrer o Paseo do río Sarela, ir camiñando ata a Granxa do Xesto no Pedroso e baixar pola Selva Negra para chegar ao punto de partida. O percorrido total é de uns 12km. Para facer o percorrido completo podes consultar o track neste enlace de Wikiloc: Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra o rexistro para poder descargalo é gratuíto. A continuación podes ver unhas fotos da ruta: Fotos polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra
ATENCIÓN:
Os WP iniciais dos mystery non gardan relación coa resolución dos mesmos, só serven como punto de paso indicativo do camiño a seguir. Para resolvelos hai que percorrer como mínimo o tramo no que están os paneis informativos ao principio da ruta. Cada mystery inclúe os WP correspondentes aos paneis necesarios para resolvelo.
Galego Castellano
La traída da auga
El agua es consustancial a la vida: la construcción de los edificios, la higiene, la alimentación y muchas tareas y profesiones neceisatan agua. Antaño en Santiago sólo unos pocos disponían de una suministración propia: aquellos que tenían un pozo o los que habían conseguido una cuota de las aguas que desbordaban de las fuentes o que venían por la traída de A Fonte Branca. Por tanto, sólo los más ricos y las grandes instituciones contaban con una fuente para uso personal.
El crecimiento de la ciudad trajo una enorme presión sobre el sistema de abastecimiento: las filas en las fuentes crecían, el mantenimiento de los caños y conducciones era una pesadilla, los barrios pedían fuentes más próximas, crecían las tomas ilegales, etc. Estas penurias limitaban la vida y el desarrollo de la ciudad y de sus gentes. Como en todas partes. La introducción de las conducciones de hierro en la traída trajo estabilidad al sistema y prolongó su vida hasta la modernización de 1922. La ciudad ansiaba la moderna suministración, pero esta supuso el fin del viejo oficio de las augadoras y de la razón de ser de las propias fuentes que pasaron a ser un ornamento en el espacio urbano. Mudó radicalmente su función y también la forma en la que nosotros las percibimos.
La red de abastecimiento fue creciendo, con motivo de la construcción del Hospital Real, se añadió el manantial del Chan de Curros. No fue hasta 1932 que entraron en funcionamiento las tomas de las brañas de Brins y estas del monte Pedroso.
Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra
Esta serie está diseñada para recorrer el Paseo del río Sarela, ir caminando hasta la Granxa do Xesto en el Pedroso y bajar por la Selva Negra para llegar al punto de partida. El recorrido total es de unos 12km. Para hacer el recorrido completo puedes consultar el track en este enlace de Wikiloc: Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra el registro para poder descargarlo es gratuíto. A continuación puedes ver unas fotos de la ruta: Fotos polo Sarela, Xesto e Selva Negra
ATENCIÓN:
Los WP iniciales de los mystery no guardan relación con la resolución de los mismos, sólo sirven como punto de paso indicativo del camino a seguir. Para resolverlos hay que recorrer como mínimo el tramo en el que están los paneles informativos al principio de la ruta. Cada mystery incluye los WP correspondientes a los paneles necesarios para resolverlo.