Skip to content

Sarela 08. Ponte do Asén. Traditional Geocache

Hidden : 3/15/2013
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano       

A ponte do Asén

Nos xardíns de Galeras o Sarela recibe, pola esquerda, as augas do regato do Corgo, que vén desde Meixonfrío. Na marxe dereita, entre edificios de recente construción, permanece, aínda que deteriorado, o curtidoiro da Fonte do Ouro ou do Espiño, non lonxe da fonte do mesmo nome que segue brindando auga a quen a ela se achegue. Esta ponte é o acceso ao monte Pío e á Granxa do Xesto, xa na aba do monte Pedroso. Neste tramo o Sarela discorre maino, deixando medrar a vexetación no seu leito.

Aquí tamén estivo a Prisión Central de Santa Isabel de Compostela, nela estivero os reclusos da posguerra. En 1940 trasformouse en prisión central e acolleu maioritariamente a persoas sentenciadas fóra de Galicia. A sorte dos prisioneiros destes cárceres foi moi dispar, desde a liberdade, á pena de morte, pasando polos consellos de guerra, batallóns disciplinarios... A diminución constante da población reclusa permite atender a conveniencia de reducir o número de prisións centrais destinadas ao cumprimento de condenas, o que levou a que por orde do 11 de maio de 1946 se suprima a Prisión Central de Santa Isabel. trasladándose os penados por delito de rebelión recluídos na mesma á prisión colonia penitenciaria do Dueso (Santander) e os condenados por delitos comúns á prisión central de Xixón (Asturias)

Fábrica do Campo do Espiño ou do Río dos Sapos.

Este curtidoiro construíuse no ano 1808 e funcionou ata 1953. Conserva unha parte importante da súa estrutura na que destaca a casa habitación dos propietarios, construída no século XX. Mantéñense as paredes exteriores do recinto fabril e parte da antiga cuberta. No seu interior non queda nada do traballo industrial pero no exterior mantén a fachada do antigo curtidoiro.

A partir dos anos corenta emprega o sistema de curtimento mixto, introducindo unha mestura de extractos coa casca no seu estado natural, acelerando así o proceso. A materia prima fundamental son as peles de vaca e tenreira empregadas para obter baqueta para sillería pero sobre todo becerro branco e negro. A primeira empregábase para albardeiría, guarnicioneiría, selas, correas para maquinaria e apeiros agrícolas; a segunda, para empeña de zapatos e zocos ou cana para botas. A distribución de becerro era para os zoqueiros da bisbarra e a sola era vendida á castellonenca Segarra, a Guijarro e a outras fábricas de calzado levantinas.


Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

Esta serie está deseñada para percorrer o Paseo do río Sarela, ir camiñando ata a Granxa do Xesto no Pedroso e baixar pola Selva Negra para chegar ao punto de partida. O percorrido total é de uns 12km. Para facer o percorrido completo podes consultar o track neste enlace de Wikiloc: Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra o rexistro para poder descargalo é gratuíto. A continuación podes ver unhas fotos da ruta: Fotos polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Os WP iniciais dos mystery non gardan relación coa resolución dos mesmos, só serven como punto de paso indicativo do camiño a seguir. Para resolvelos hai que percorrer como mínimo o tramo no que están os paneis informativos ao principio da ruta. Cada mystery inclúe os WP correspondentes aos paneis necesarios para resolvelo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Galego        Castellano       

El puente de O Asén

En los jardines de Galeras el Sarela recibe, por la izquierda, las aguas del arroyo de O Corgo, que viene desde Meixonfrío. En el margen derecho, entre edificios de reciente construcción, permanece, aunque deteriorado, la curtiduría de la Fonte do Ouro o del Espiño, no lejos de la fuente del mismo nombre que sigue brindando agua a quien a ella se acerque. Este puente es el acceso al monte Pío y a la Granxa do Xesto, ya en el ala del monte Pedroso. En este tramo el Sarela discurre apacible, dejando crecer la vegetación en su lecho.

Aquí también estuvo la Prisión Central de Santa Isabel de Compostela, en ella estivieron los presos de la posguerra. En 1940 se trasformó en prisión central y acogió mayoritariamente a personas sentenciadas fuera de Galicia. La suerte de los prisioneros de esta cárcel fue muy dispar, desde la libertad, a la pena de muerte, pasando por los consejos de guerra, batallones disciplinarios... La diminución constante de la población reclusa permite atender la conveniencia de reducir el número de prisiones centrales destinadas al cumplimiento de condenas, lo que llevó la que por orden del 11 de mayo de 1946 se suprima la Prisión Central de Santa Isabel. trasladándose los penados por delito de rebelión recluidos/reclusos en la misma a la prisión colonia penitenciaria del Dueso (Santander) y los condenados por delitos comunes a la prisión central de Gijón (Asturias)

Fábrica del Campo de O Espiño o del Río de los Sapos.

Esta curtiduría se construyó en el año 1808 y funcionó hasta 1953. Conserva una parte importante de su estructura en la que destaca la casa habitación de los propietarios, construida en el siglo XX. Se mantienen las paredes exteriores del recinto fabril y parte de la antigua cubierta. En su interior no queda nada del trabajo industrial pero en el exterior mantiene la fachada de la antigua curtidurío.

A partir de los años cuarenta emplea el sistema de curtimiento mixto, introduciendo una mezcla de extractos con la cáscara en su estado natural, acelerando así el proceso. La materia prima fundamental son las pieles de vaca y ternera empleadas para obtener baqueta para sillería pero sobre todo becerro blanco y negro. La primera se empleaba para albardería, guarnicionería, sillas, correas para maquinaria y aperos agrícolas; la segunda, para lengëta de zapatos y zuecos o caña para botas. La distribución de becerro era para los "zoqueiros" de la comarca y la suela era vendida a la castellonense Segarra, a Guijarro y a otras fábricas de calzado levantinas.


Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra

Esta serie está diseñada para recorrer el Paseo del río Sarela, ir caminando hasta la Granxa do Xesto en el Pedroso y bajar por la Selva Negra para llegar al punto de partida. El recorrido total es de unos 12km. Para hacer el recorrido completo puedes consultar el track en este enlace de Wikiloc: Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra el registro para poder descargarlo es gratuíto. A continuación puedes ver unas fotos de la ruta: Fotos polo Sarela, Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Los WP iniciales de los mystery no guardan relación con la resolución de los mismos, sólo sirven como punto de paso indicativo del camino a seguir. Para resolverlos hay que recorrer como mínimo el tramo en el que están los paneles informativos al principio de la ruta. Cada mystery incluye los WP correspondientes a los paneles necesarios para resolverlo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Additional Hints (Decrypt)

Cbqreín fre zntaégvpb. Cbqeín fre zntaégvpb. Vg pbhyq or zntargvp.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)