Skip to content

Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras Traditional Cache

Hidden : 3/15/2013
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano       

Lavadoiros e lavandeiras

Do vello oficio de lavar, de sempre exercido por mulleres, quedan no Sarela moitas construcións para a lembranza. Algunhas delas son grandes píos, algo separados do río e pegados a unha fonte que os abastece. É o caso deste lavadoiro do Carme de Abaixo.

A lavandeira

Polo xeral o luns vai a lavandeira á cidade, provista dun cesto da roupa e percorre as casas para as que lava, recollendo no cesto a roupa lixada; logo, co cesto na cabeza, volta para o seu lar e, durante a semana, vai sometendo as prendas a unha serie de operacións das que sairán brancas e limpas.

Primeiro, deseivan, lavando a roupa no río, nun tanque ou nunha regata, con xabón, fregándoa, baténdoa contra unha laxa e torcéndoa; despois póñena ao clareo, tendéndoa ó sol nun campo ou nun anaco de monte e regándoa con auga durante o día; pasa alí a noite e, ó outro día, recóllese para facerllela colada; para iso métese a roupa nun cesto grande e pónselle por riba unha sabanela vella aínda que limpa; nun pote ponse a ferver auga con cinza e, nalgúns sitios, con algún xabón; cando ferveu un pouco, bótase ben quente por riba do cesto da colada, a auga pasa á roupa pola sabanela, que detén a borralla e os lixos.

Feita a colada, volta á auga limpa e o xabón, a un novo clareo se é preciso, e logo téndese a secar no mesmo sitio. Unha vez seco todo o tendal, axudada a lavandeira por outra muller, van recollendo e dobrando a roupa que, posta no mesmo cesto que a trouxo, volta para a cidade, sendo entregada ás amas respectivas.

As amas ou "señoras" son as burguesas da cidade que dan a lavar a roupa. Mulleres, normalmente, moi da súa casa, celosas defensoras do enxoval doméstico, inimigas declaradas de calquera droga que faga desaparece-los lixos con detrimento dos tecidos e contables fieis das prendas entregadas e recibidas. A perda dun pano de mesa ou dunha camisa pode supor para a lavandeira un desconto considerable na súa retribución, e a sospeita do uso do clarur ou cloruro, nomes con que se coñece o hipoclorito cálcico, ocasiona, case que sempre, discusións longas e teimosas que poñen a proba as condicións dialécticas e a forza oratoria das discutidoras. Por iso unha boa lavandeira debe xuntar ó xenio, arrinque, celeridade e decisión, unha certa facilidade de expresión , un léxico vivo e quente e unha grande prontitude no razoamento e na réplica.

As lavandeiras cobran o seu traballo por cestos ou por prendas, variable neste caso polo grandor das pezas; mais como é corrente que, o mesmo que as leiteiras, sirvan durante moito tempo na mesma casa, sempre teñen algunha retribución á parte, ben en diñeiro, ben en especie, nalgunhas festas sinaladas do ano, como sucede polo Nadal ou pola Pascua.

Adoitan ser elas tamén as que fornecen ás señoras desas mil herbas que hai no campo e que se non atopan nas tendas, coma a néveda, os mentrastos, o ourego ou o romeu. Ata hai pouco, a lavandeira, a augadora e a leiteira eran case que unha prolongación da familia á que servían.

Información obtida en: Os oficios - Xaquín Lorenzo


Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

Esta serie está deseñada para percorrer o Paseo do río Sarela, ir camiñando ata a Granxa do Xesto no Pedroso e baixar pola Selva Negra para chegar ao punto de partida. O percorrido total é de uns 12km. Para facer o percorrido completo podes consultar o track neste enlace de Wikiloc: Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra o rexistro para poder descargalo é gratuíto. A continuación podes ver unhas fotos da ruta: Fotos polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Os WP iniciais dos mystery non gardan relación coa resolución dos mesmos, só serven como punto de paso indicativo do camiño a seguir. Para resolvelos hai que percorrer como mínimo o tramo no que están os paneis informativos ao principio da ruta. Cada mystery inclúe os WP correspondentes aos paneis necesarios para resolvelo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Galego        Castellano       

Lavaderos e lavanderas

Del viejo oficio de lavar, siempre ejercido por mujeres, quedan en el Sarela muchas construcciones para el recuerdo. Algunos de ellos son grandes pilones, algo separados del río y pegados a una fuente que los abastece. Es el caso de este lavadero del Carme de Abajo.

La lavandera

Por lo general el lunes va la lavandera a la ciudad, proveída de un cesto para la ropa y recorre las casas para las que lava, recogiendo en el cesto la ropa sucia; luego, con el cesto en cabeza, vuelta para su hogar y, durante la semana, va sometiendo las prendas la una serie de operaciones de las que saldrán blancas y limpias.

Primero lavan la ropa en el río, en un tanque o en una regato, con jabón, fregándola, batiéndola contra una losa y torciéndola; después la ponen al clareo, tendiéndola al sol en un campo o en un trozo de monte y regándola con agua durante el día; pasa allí la noche y, al otro día, se recoge para hcerle la colada; para eso se mete la ropa en un cesto grande y se le pone por encima una sábana vieja aunque limpia; en un pote se ponen a hervir agua con ceniza y, en algunos sitios, con algún jabón; cuando hirvió un poco, se echa bien caliente tirando por lo alto del cesto de la colada, el agua pasa a la ropa por la sábana, que detiene la ceniza y los restos.

Hecha la colada, vuelta al agua limpia y al jabón, a un nuevo clareo si es preciso, y luego se tiende a secar en el mismo sitio. Una vez seco todo el tendal, ayudada la lavandera por otra mujer, van recogiendo y doblando la ropa que, puesta en el mismo cesto que la trajo, vuelve para la ciudad, siendo entregada a las amas respectivas.

Las amas o "señoras" son las burguesas de la ciudad que dan a lavar la ropa. Mujeres, normalmente, muy de su casa, celosas defensoras del ajuar doméstico, enemigas declaradas de cualquier producto de droguería que haga desaparecer las basuras con detrimento de los tejidos y contables fieles de las prendas entregadas y recibidas. La pérdida de un paño de mesa o de una camisa pode suponer para la lavandeira un descuento considerable en su retribución, y la sospecha del uso del clarur o cloruro, nombres con que se conoce el hipoclorito cálcico, ocasiona, casi que siempre, discusiones largas y contumaces que ponen a prueba las condiciones dialécticas y la fuerza oratoria de las discutidoras. A cuyo objeto una buena lavandera debe juntar al genio, arranque, celeridad y decisión, una cierta facilidad de expresión , un léxico vivo y caliente y una grande prontitud en el argumento y en la réplica.

Las lavanderas cobran su trabajo por cestos o por prendas, variable en este caso por el tamaño de las piezas; por lo general, lo mismo que ocurre con las lecheras, sirven durante mucho tiempo en la misma casa, siempre tienen alguna retribución a mayores, bien en dinero, bien en especie, en algunas fiestas señaladas del año, como sucede por Navidad o por la Pascua.

Suelen ser ellas también las que suministran a las señoras de esas mil hierbas que hay en el campo y que se no encuentran en las tiendas, como la nébeda, los mentrastos, el orégano o el romero. Hasta hace poco, a lavandera, la augadora y la lechera eran casi una prolongación de la familia a la que servían.

Información obtenida en: Os oficios - Xaquín Lorenzo


Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra

Esta serie está diseñada para recorrer el Paseo del río Sarela, ir caminando hasta la Granxa do Xesto en el Pedroso y bajar por la Selva Negra para llegar al punto de partida. El recorrido total es de unos 12km. Para hacer el recorrido completo puedes consultar el track en este enlace de Wikiloc: Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra el registro para poder descargarlo es gratuíto. A continuación puedes ver unas fotos de la ruta: Fotos polo Sarela, Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Los WP iniciales de los mystery no guardan relación con la resolución de los mismos, sólo sirven como punto de paso indicativo del camino a seguir. Para resolverlos hay que recorrer como mínimo el tramo en el que están los paneles informativos al principio de la ruta. Cada mystery incluye los WP correspondientes a los paneles necesarios para resolverlo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Additional Hints (Decrypt)

Gncnqb cbe haun crqen. Gncnqb cbe han cvrqen. Pbirerq ol n fgbar.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)