Skip to content

A IGREXA DE PEDORNES Traditional Geocache

Hidden : 6/22/2011
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

Uploaded with ImageShack.us

IGREXA DE PEDORNES – Oia ---ooo0ooo--- Está situada nun alto frente a costa entre as parroquias de Viladesuso e Santa Mª. de Oia, e trátase dunha das mais antigas construccións que existen neste concello, datada no ano 1137. Nela podemos atopar un magnífico escudo do mosteiro debaixo dunha lenda que recorda o ano 1736, data na que se restaurou. No interior podemos admirar interesantes retablos e no atrio conservanse un grupo de cruceiros que pertencían a un antigo vía crucis. Foi cabeza xurisdiccional a que pertencían toda-las terras de Oia, incluíndo o mosteiro, ata 1838. En 1838, tra-la desamortización, aa Igrexa do mosteiro transformouse en Igrexa Parroquial, partíndose en duas a parroquia de Pedornes. Esta igrexa está adicada a San Mamede, avogado dos presos en escuros alxubes. Pois ben, esta capela ou templo parroquial, chamouse “de los PERDONES” porque así como nas grandes poboacións cristiás da Idade Media había sitios destinados a servir de refuxio aos reos de culpas graves, así tamén en Pedornes existía unha capela na cal unha vez penetrada no seu sagrado recinto a vítima dalgún crime, era recollido polos amorosos brazos dos relixiosos bernardos e posta a bo recado contra as imposicións da humana xustiza. Contan vellas crónicas, máis cheas de crédito que as palabras de modernos historiadores e biógrafos, que na santa capela dos Perdones (hoxe Pedornes), salvaron a súa vida máis de douscentos delincuentes que, postos de xeonllos e pegadas as mans ás paredes daquel recinto salvador obtiveron o perdón para as súas faltas, mediante un arrepentimento do que eran sobradas probas a humildade manifestada na cara e as grosas bágoas que polas súas meixelas rodaban. Oh, Igrexa santa, sempre atenta ás necesidades que á humana liñaxe aflixen! Oh pecadores que levando na vosa ialma o puñal do remordemento, tivestes a dita de chegar a este lugar de perdón, bendicide e proclamade voz en berro a lei da indulxencia instituída pola Igrexa no voso favor! ---ooo0ooo--- Fonte: HISTORIAL DE OYA por JUAN REY IGLESIAS (“LA VOZ DEL TECLA”, 1915-1916-1917, do Arquivo de Antonio Martínez Vicente)

Additional Hints (Decrypt)

N qrervgn qnf rfpnyrvenf ab zheb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)