Skip to content

Estadio de Riazor Multi-cache

Hidden : 3/18/2011
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


O Real Club Deportivo da Coruña, desde a súa fundación, ten pasado por distintas etapas evolucionando de ser un modesto equipo creado en 1906 nun ximnasio da Rúa Galera (Club Deportivo da Sala Calvet) a xogar nas competicións máis importantes de Europa.

A súa época dourada naceu no ano 1992 co chamado Super Dépor, ao que se lle escapou a Liga na temporada 93-94 co famoso penalti de Djukic, mais que conseguiu o título por fin no 2000. Estes anos gloriosos estendéronse até 2004, cando acadaron as semifinais da máxima competición europea (Champions League).

Durante este tempo o club gañou dúas Copas del Rey, unha Liga de España e tres Supercopas de España, sendo o único equipo galego en conseguir algún destes títulos.

Os seareiros do Deportivo son coñecidos como deportivistas, blanquiazuis, turcos ou herculinos, entre outros alcumes.

O caché está escondido nas inmediacións do Estadio de Riazor. Nun principio o equipo xogaba no lugar en que se encontran agora as Escravas do Sagrado Corazón, moi próximo á ubicación actual. En 1944 foi construído o primeiro estadio, que sería remodelado en 1982 por motivo da celebración do Mundial de Fútbol, do que foi unha das súas sedes. A súa última ampliación data do ano 1998.






O envase é un nano caché magnético e hai que ter especial coidado ao collelo xa que, debido á zona en que está, é habitual que haxa xente pasando en distintas direccións.

Para realizar este caché ides ter que rodear o estadio pasando polos puntos que vos imos marcar e anotando unha serie de datos en cada un deles.

 

ETAPA 1: N 43º 22.120 W 008º 24.914

Para comezar, desde aquí se ven as taquillas do estadio, onde teredes que responder as seguintes preguntas:

Cantas son as ventanillas das taquillas? = A
Cantos grupos de ventás hai sobre as taquillas? = B
Cantas ventás forman cada un destes grupos? = C

 

ETAPA 2: N 43º 22.[A-B+1][ B ][A+1] W 008º 24.[2*C-1][A-B][C-4]

Estades diante dunha homenaxe a unha persoa moi querida polos deportivistas. Aquí veredes un ano que se corresponde cos datos DEFG

 

ETAPA 3: N 43º 22.[D][G+1][F-D] W 008º 24.[E][E-D][G]

Aquí atoparedes outra escultura

Cantas persoas aparecen representadas en pedra? = H
Cantas letras “u” vedes? = I
Reducide o ano que aparece a unha cifra: = K

 

ETAPA 4: N 43º 22.[H-I][H+I][K+H-I] W 008º 25.[K-I*H-I][K-I][I-H+1]

Sabemos que a cobertura neste punto é moi mala, polo que xa vos damos a pista de que hai que ir á placa metálica que está entre as portas 0 e 1 do estadio. Desta o que nos interesa é o seguinte:

Veredes varios anos. Reducide a unha cifra o primeiro (L) e o segundo (M) que aparecen, sempre comezando por arriba.
Cantas veces aparece a palabra “estadio”? = N
Cantas veces aparece a palabra “fútbol”? = P

 

ETAPA 5: N 43º 22.[N-M][ P ][M-P] W 008º 25.[ P ][M+2*P-N][L-M]

Sumade os números das catro portas do estadio que están xunto á torre e reducide este valor a unha cifra: Q.
Ademais, o número máis pequeno destas portas é R e o maior é S.

 

ETAPA 6: N 43º 22.[Q-R][Q][R] W 008º 25.[Q-R][S/2][S-Q+1]

Neste punto tedes que contar o número de chanzos que baixan á porta, contando tamén o de arriba. Este número é T

 

ETAPA FINAL:

Para achar as coordenadas finais, deberedes utilizar todos os datos obtidos na realización das etapas anteriores:

N 43º 22.[A-S+2][M+N+T][M+F-L] W 008º 24.[C+T][D+R-Q][G+I]

 

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)