Skip to content

Muiño do Briñal Traditional Geocache

Hidden : 10/19/2008
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   regular (regular)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Related Web Page

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

Muiño do Briñal, en Allariz

Trátase do Muiño do Briñal, restaurado polo Concello de Allariz e utilizado actualmente como casa de turismo rural.

O viaxeiro pode aloxarse tanto no muiño como na antiga casa do muiñeiro.

Dende Allariz hai un fermoso paseo que se pode facer polas duas veira do río. A nosa recomendación é baixar pola marxe dereita, accedendo dende o parque que se atopa á veira do rio en Allariz (Museo do Coiro) e ir camiñando ata o muiño. Logo pódese voltar pola outra marxe pasando polo Camping, a Hípica e pola Cidade Deportiva.

 

É posible aproximarse en coche por unha pista que chega ás proximidades do lugar, debendo facelo último tramo a pé. Tamén se atalla deixando o coche no Camping e logo baixando pola veira do río.

É posible que baixe algo a cobertura do GPS e, consecuentemente, a precisión. En calquera caso decodificando a HINT é suficiente. Hai foto-spoiler para os perezosos.

O caché é un contenedor hermético de tamaño medio envolto en bolsas de plástico negro contendo nota indicativa, libro de rexistro, varios compoñentes electrónicos, globos e algún obxecto mais para o intercambio.

Tamén queda o Travel Bug "Latvian Dice" co propósito de chegar de novo a terras Letonas e que o poda recoller meu amigo Ernests.

O lugar é estupendo para darse un baño e incluso hai un par de grellas para preparar un churrasco.

Vista da zona

O camiño que nos trae pola veira do rio dende Allariz

O equipo de Xeocachers.

Falta Carol que estaba facendo a foto.

Contido inicial do caché

 

 

 

Additional Hints (Decrypt)

Ab zheb, qrgenf qhaun crqen ebgn.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)