Skip to content

AFOUTEZA Traditional Geocache

Hidden : 5/19/2017
Difficulty:
3 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


A Ponte das Achas é unha infraestrutura feita a base de cadeirado granítico, de época medieval pero posiblemente construída sobre outra anterior de época romana. Posúe un só arco de medio punto. Nesta ponte librouse unha das máis importantes sublevacións do Paradanta contra as tropas invasoras francesas durante a Guerra da Independencia. Foi o Xeneral – Abade do Couto e de Villar, Don Mauricio Troncoso de Lira e Sotomayor Saco e Quiroga, caudillo do levantamento popular, quen promoveu esta sublevación do Paradanta no inverno de 1.809. Forxou unha estrutura militar capaz de enfrontarse ao Mariscal francés Soult na liña entre o Ribadil e Deva en accións que tiveron unha gran transcendencia no desenvolvemento posterior da Guerra contra os franceses. Esta batalla durou dende o 15 de febreiro de 1809 ata a mañá do 18 de febreiro. Os paisanos da parroquia de Achas non só loitaron contra os franceses no partido da Cañiza , senón que tamén tomaron parte no cerco de Tui. Neste mesmo lugar tamén recibiron o Bautismo de lume os guerrilleiros do Ribeiro (8 oficiais, un inspector e un comisario) que, combatendo contra as tropas francesas da división Ehendelet e da terceira Delaborde, se lles atoparon papeis importantes que foron remitidos urxentemente ao Marqués da Romana.

Additional Hints (No hints available.)