Skip to content

Bidueiro Traditional Geocache

Hidden : 6/7/2016
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Bidueiro


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 7 a 23h.


ANGIOSPERMAE / FAGALES / BETULACEAE

NOME CIENTÍFICO: Betula alba L. Betula pubescens Erhr., Betula celtiberica. e Vasc.

OUTRAS DENOMINACIÓNS: bidueiro, biduo, bedolo, abedul

ETIMOLOXÍA:BETULA: de BETU: nome celta desta árbore; ALBUS: branco, en alusión á cor da Cortiza.

DESCRICIÓN: Árbore monoica de ata 20 m. Sistema radical somero. Tronco curto e dereito. Cortiza lisa, branca ou branca - amarelada, anelada, que se desprende en tiras papiráceas e transversais. Co tempo vai escurecendo e gretando, sobre todo na parte baixa do tronco. Copa baixa, primeiro cónica - piramidal, logo irregularmente arredondada, de pouca sombra.

Follas de 4-6 x 3-5 cm, caedizas, simples, alternas, pecioladas, romboidais ou ovadas, irregularmente dentadas, de ápice agudo e base cuneada ou truncada, cor verde, máis escuras na face que no envés.

Flores unisexuais, amarelentas ou verdosas, as masculinas cunha envolta floral sepaloidea e simple, reunidas de 3 na axila de cada bráctea, con 2 estames de filamentos bífidos, agrupadas en amentos de 3-6 cm, colgantes e cilín-dricos, situados no extremo das ramas. As femininas núas, con ovario ínfero e 2 estilos, reunidas por 3 na axila de cada bráctea, agrupadas en amentos de 2 cm, cilíndricos ou ovoide-oblongos. O froito é un aquenio samaroideo de 3-4 mm, comprimido lateralmente, cor parda, provisto de dúas ás laterais diáfanas, iguais ou máis anchas que o froito, no que permanecen os dous estigmas. Madura entre xullo e setembro.

FLORACIÓN: Florece precoz, entre abril e maio. Os amentos xa están formados no outono anterior, permanecendo todo o inverno na árbore. A polinización é anemógama.

ORIXE: Orixinaria de Europa e norte de África.

HÁBITAT: Habita en zonas húmidas de bosques caducifolios e beiras de cursos de auga.

LOCALIZACIÓN: Abunda en gran parte das provincias de Lugo e Ourense e na metade norte da provincia da Coruña. Frecuente no este de Pontevedra. Escasea no sur da Coruña e no oeste de Pontevedra.

USOS: As follas téñense utilizado como diurético, a cortiza, como non podrece, en conducción de augas, recubrimento de chozas ou elaboración de pergamiño. A infusión de follas e o cocemento de xemas e brotes se utilizan como diurético, depurativo, antirreumático, vermífugo, febrífugo e vulnerario. A madeira ten utilidade en ebanistería. A savia, sangrada ao final do inverno e fermentada, produce o viño ou cervexa de bidueiro. Tamén esta savia fermentada tense utilizado como remedio contra as inflamacións renais e da vexiga e para disolver os cálculos de ril.

OBSERVACIÓNS: A brea extraída da súa madeira emprégase na impermeabilización de peles. A leña é un excelente combustible e do carbón obtido dela se elabora tinta para imprenta. Especie pirófita e resistente ao frío, que moitas vecs se comporta como invasora de praderías. Ás veces aparecen exemplares de Betula pendula Roth pero, polo xeral, proceden de plantación. Distínguense por ter a B. alba as ramiñas do ano e os retoños pilosos, mentres que a B. pendula os ten sen pelos.

Fonte documental:   Niño Ricoi, H. (Autor), e Silvar, C. (Ilustrador) (2001) Guía das árbores de Galicia A Coruña: Baía Edicións

CURIOSIDADES: Como a cortiza do bidueiro ten propiedades tónicas e antisépticas é moi recomendada para enfermidades da pel ou reuma, por este motivo era empregado polos peregrinos para facer soletas e aliviar os pés despois de facer as longas xornadas do camiño. Tamén pode calmar as dores musculares.

Fonte documental:   Árbores de Galicia      

  

Flag Counter

Additional Hints (Decrypt)

Gncnqb cbe haun crqen. Gncnqb cbe han cvrqen. Pbirerq ol n fgbar.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)