Skip to content

Carballeira da Laxe Traditional Geocache

Hidden : 5/7/2016
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Descripción.

CARBALLEIRA DE A LAXE

carballeira_da_laxe_2carballeira_da_laxe_1

Fermosa formación de Carballos centenarios sita na parroquia de San Xurxo, no barrio de A Laxe.  Forma parte dun recinto propiedade dos veciños de San Xurxo, pero a zona destinada a area recreativa ocupa arredor de 3300 m2, o núcleo de carballos tamén se estende cara ao río ocupando uns 5700 m2, sendo estes últimos privados.

A zona está destinada a area de lecer, dotado de mesas de pedra, asadeiros, columbios, e unha fonte feita man a man polos veciños de A Laxe, todo cercado por un balaústre de madeira. No interior se atopa o conxunto, que está formado por 21 Carballos centenarios de gran porte, pois o perímetro dos troncos é de 2,20 m de media e o que aparenta ser mais alto supera os 20 m. Entre estes monumentos podemos atopar un único Cerquiño ou Rebolo, posiblemente sexa o mais lonxevo de Salceda de Caselas. Os troncos centenarios destas árbores, todas elas de singular beleza, albergan toda clase de vida, destacando a presenza do escornabois ou vacaloura, a madeira morta dos carballos é de vital importancia para estes coleópteros. Tampouco é raro atopar nesta carballeira fungos micorricicos asociados as árbores como fungos do xénero Boletus, moi interesantes na micogastronomía ou os temidos Cortinarius orellanus Fr. e Amanita da morte, a pesar do perigo que supón a súa inxestión, estas asociacións son moi importantes para o equilibrio natural da carballeira. Tamén atopamos fungos encargados de reciclar os restos de materia orgánica do entorno, como as zarrotas ou o pé azul. Por suposto, nos troncos cavernosos e tortuosos destes carballos tan antigos, tamén aparecen fungos parasitos típicos de frondosas como o fígado de boi.

 

Como curiosidad neste recinto atopamos un platanero, bastante raro por estos lares.

 
 
 

 

 

 

 

 

 

El Cache.

Es un pequeño contenedor con:

1 Log book

1 Lapiz

1 Diploma F.T.F.

Algunos objetos de intercambio.

 

Fijaros a la hora de obtener el contenedor para dejarlo como estaba.

Espero que os guste.

 

Additional Hints (Decrypt)

Ohfpne ha cbfgr qr gryésbab pba ry aº 25. Cevzreb fbygne ry tnapub. Ry pbagrarqbe ntneene cbe nonwb l qrfraebfpne yn cnegr qr neevon.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)