Skip to content

Cañon do Sil Traditional Geocache

Hidden : 7/26/2007
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   regular (regular)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Related Web Page

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

Cañón do Sil, Os Peares, Ourense

 

Cañon do Sil

 

 

O Cañón do Sil é unha das maravillas de Ourense. Un fermoso cañón natural formado polo río Sil que transcorre encaixonado (e na actualidade frenado) por varios encoros hidráulicos.

Pola marxe dereita corre a vía do tren e pola esquerda unha estrada que é a que nos leva ata o lugar.

Unha vez cheguemos á zona observaremos que nas paredes (cortadas para facela estrada) hai unha serie de pezas metálicas. O motivo é que se trata dunha escola de escalada mantida pola xente do Club Alpino Ourensán. Esas pezas son as que se utilizan para irse asegurando namentras se fai escalada deportiva.

 

O caché está ubicado detrás dunhas curiosas construccións que probablemente serviran para albergar algún tipo de sistema de iluminación durante a construcción desta estrada e dende as que se domina a zona.

Información importante:

Podedes chegar dende Ourense, saíndo dirección Monforte e collendo o desvío nos Peares, antes de cruzala ponte dos Peares colledes hacia a dereita un desvío que está indicado como CATAMARÁN e tamén ESCOLA DE ESCALADA

Hai lugar para deixalo coche perto do caché pero según vaiades chegando tede coidado nas curvas xa que é bastante común que haxa xente escalando nas paredes e o compañeiro que asegura está no chan. Circulade despacio e intentade non atropellar a ninguén.

Nas inmediacións hai dous sitios para coller auga fresca. Un está do outro lado da estrada ó Oeste do caché. O outro máis adiante, despois dunha mole de granito que se ve á esquerda da estrada. Deixádevos guiar polo ouvido.

O acceso é simple incluso para rapaces e, unha vez no alto o sitio é bastante seguro se prestades atención. A menos que sexades moi despistados é moi difícil que cheguedes a ter risco de caer pero, por favor, camiñade con precaución. Veredes que incluso nunha parte do percorrido hai escaleiras, ¿que máis se pode pedir...?

Contido:

1 bolsa hermética contendo 2 lápices, a stash note en inglés e castelán, 2 lápices, varias tiritas (por se acaso), un caderno de notas para rexistralas visitas e os comentarios.

1 bolsa hermética contendo varios bogallos de cristal e a bolsa anterior.

Additional Hints (Decrypt)

Unv dhr purtne ngn b cbfgr zrgáyvpb r haun irm nyí thvnefr cbyn abin sbgb dhr vaqvpn n hovpnpvóa.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)