Skip to content

Blue Switch Day: O Nacemento do Geocaching! Event Cache

Hidden : Thursday, May 2, 2024
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

02 May 2024, 13:15 - 13:45

Non importa se es un geocacher experimentado ou estás a comezar neste xogo, todos sodes benvidos a este evento!

O GPS revolucionou as nosas vidas nas últimas décadas. Dende a súa apertura ao público o 2 de maio de 2000, transformou a nosa forma de movernos e traballar. Antes disto, a tecnoloxía GPS estaba restrinxida ao ámbito militar. O "Blue Switch Day" marcou un fito ao abrir o GPS ao público, dando orixe ao Geocaching e fomentando a innovación global.

Como e onde naceu o Geocaching?

O que comezou como un experimento para comprobar a precisión dos receptores de GPS acabou converténdose no Geocaching. En maio de 2000 o goberno dos E.U.A. decidiu anular o control de dispoñibilidade selectiva dos 24 satélites xeoestacionarios que ten arredor da Terra. O control de dispoñibilidade selectiva introducía un erro codificado no sinal dos GPS que non os facía útiles para coñecer unha posición de forma precisa. Na seguinte imaxe podes ver como variou a precisión na xeolocalización.

A noticia da anulación foi moi ben acollida polos estudosos do tema e ao día seguinte Dave Ulmer para comprobar a precisión dos receptores de GPS ocorréuselle agochar unha caixa no monte con uns agasallos, debías coller un e deixar outro. Compartiu as coordenadas coa súa comunidade de traballo en Portland e aos tres días xa o atoparan dúas persoas. A primeira persoa en atopalo Mike Teague creou a páxina "GPS Stash Hunt" como lista de correo para ver como evolucionaban os achados e de aí xurdiu o Geocaching. Foi medrando a páxina web, entraron máis socios e crearon a compañía Groundspeak que posúe as marcas Geocaching, Waymarking, Wherigo e CITO (dentro de Geocaching).

A participación no xogo do Geocaching é gratuíta, só é necesario escoller un alcume e empregar un enderezo de correo válido para rexistrarse pero tamén hai servizos de pago, hoxe arredor deste xogo xira un importante mercado de camisetas, gorras, botellas, GPS e accesorios, pegatinas, libretas, caixas, TB,  'geocoins' e moitas cousas máis.

Geocaching HQ creou un 'souvenir' especial para os geocachers co motivo do Blue Switch Day 2024. Para conseguir este ‘souvenir’, os geocachers deben atopar un geocaché, un Event Cache ou un Adventure Lab® Location entre o 2 e o 5 de maio de 2024.

Additional Hints (Decrypt)

An Obqrthvyyn

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)