Skip to content

Monforte medieval Event Cache

Hidden : Saturday, March 30, 2024
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

30 March 2024, 17:00 - 17:30

Monforte medieval

Geocaching nunha viaxe á Idade Media

 

Un convite para achegarse a Monforte de Lemos, unha cidade que conserva un notable patrimonio medieval e que cada ano viaxa no tempo durante dous días, tornándose aínda máis fermosa. Ademais de ser capital da comarca de Terra de Lemos e da Ribeira Sacra, Monforte é un núcleo urbano acolledor e fácilmente abarcable nun paseo a pé.

Na época medieval, Monforte era un singular exemplo de cidade-fortaleza, construída ao redor dun mosteiro (hoxe Parador de Turismo) e un Castelo cunha muralla salpicada de torres defensivas, da que aínda se conservan importantes tramos.

 

A localización é a seguinte:

Miradoiro do Parador de Monforte de Lemos

Praza Luis de Góngora y Argote

 

O evento está convocado no punto de maior altitude da cidade, o Monte de San Vicente. Podemos conversar sobre as nosas anécdotas co Geocaching, intercambiar rastreables e Woodcoins... Tras finalizar o evento, existe a posibilidade de tomar un café no Parador ou pasear pola Feira Medieval. Non é necesario realizar ningunha compra para participar no evento, e toda persoa que queira participar será benvida.

 

Additional Hints (Decrypt)

Iézbabf!

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)