Skip to content

CITO no Río Sarela: Flora invasora Cache In Trash Out Event

Hidden : Sunday, May 5, 2024
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

05 May 2024, 17:00 - 18:00


CITO no Río Sarela: Flora invasora

"Cache In Trash Out" é unha iniciativa medioambiental na que un grupo de persoas se reúne para realizar limpezas de residuos ou outro tipo de accións voluntarias que teñen como obxectivo a preservación ou restauración do noso entorno natural. Esta edición céntrase na eliminación dunha especie de flora invasora, a herbácea Tradescantia fluminensis (orella de gato).

O paseo fluvial do Río Sarela é un dos tesouros de Compostela. Situado a poucos minutos do corazón da cidade pero permitindo o contacto directo coa natureza, trátase dun recorrido con amplas sombras para os días de calor abafante. Abunda a vexetación típica das ribeiras galegas: ameneiros, bidueiros, salgueiros, etc. Ademais de ter interese patrimonial xa que percorre antigos muíños, fábricas de curtidos, etc.

Click para evento cooldown

Unha vez rematado o CITO, celebraráse un evento cooldown nunha cafetaría próxima, o Café Tertulia.

Todos os participantes están invitados a asistir e recuperar forzas.

Información sobre o evento CITO

  • Data: 5 de maio de 2024
  • Horario: 17:00h a 18:00h
  • Lugar: Paseo fluvial do Río Sarela no seu tramo do Carme de Abaixo
  • Obxectivo: Eliminación de Tradescantia fluminensis + Recollida de residuos

Vémonos nas coordenadas para comenzar cunha pequena introdución sobre a natureza desta invasora, o seu grave impacto ecolóxico e como realizar a súa extracción mecánica, que é sinxela e non precisa de ningún tipo de ferramenta. A continuación, identificaremos as zonas afectadas e repartiremos o traballo co obxectivo de retirar a maior cantidade posible de Tradescantia, así como os residuos que atopemos. Estarei encantada de contar contigo!

Tradescantia fluminensis é unha especie nativa de América do Sur que forma tapices uniformes. Na súa invasión, despraza á vexetación nativa e inhibe a súa rexeneración, ademais de non ter inimigos naturais. Máis información sobre esta especie:

Ficha da Consellería de Medio Ambiente

Ficha descriptiva no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras

Vestimenta necesaria:

  • Roupa deportiva
  • Calzado cómodo
  • Luvas ou guantes de traballo (haberá luvas de usar e tirar)
  • Botas de auga (opcional)

Additional Hints (Decrypt)

N vainfvóa qr Genqrfpnagvn syhzvarafvf é haun pngáfgebsr rpbyókvpn cnen Tnyvmn

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)