Skip to content

Anfibolita, hai 520 millóns de anos EarthCache

Hidden : 10/17/2019
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano        English (Automatic translation)


A Tectónica de Placas postula que a parte máis externa da Terra (a cortiza) está dividida en placas que "flotan" e desprázanse sobre un material viscoso chamado astenosfera. Os límites entre as placas poden ser de tres tipos: converxentes ou destrutivos, diverxentes ou construtivos e falla ou borde transformante. Nestes límites de placas prodúcense variacións de presión e temperatura que van dar lugar a distintas facies metamórficas que se denominan polo nome do mineral ou rocha máis característica, é dicir, por un conxunto definido de minerais formados baixo as mesmas condicións de presión e temperatura. Este caché céntrase no metamorfismo rexional, onde se orixinou a anfibolita.

Temperatura e presión, como afecta as facies metamórficas

En Santiago existen rochas que presentan evidencias de ter estado involucradas nestes límites das placas durante o achegamento entre as dúas grandes masas continentais Laurasia e Gondwana que, no Paleozoico, deron lugar ao súpercontinente Panxea. Sucedeu no hemisferio sur hai 520 millóns de anos aproximadamente.

Laurasia e Gondwana forman Panxea

É por esto que na bisbarra de Santiago existen distintas rochas metamórficas (xistos e ortogneises) que se formaron nunha zona de metamorfismo dinámico (subducción) e hai outras rochas metamórficas relacionadas con esta marxe converxente, as anfibolitas e as serpentiniñas, que tamén se orixinaron nos límites das placas litosféricas debido ao metamorfismo rexional.

Hoxe podemos ver estas rochas que se orixinaron a varios quilómetros de profundidade da superficie porque no proceso de metamorfose, segundo o modelo de Barrow, unha vez que se alcanzan as condicións de presión (p) e temperatura (T) das fases mineralóxicas prodúcese unha estabilización que fixan as facies de metamorfismo e no momento do arrefriamento do sistema, regresamos a condicións de P-T menores, e esta fase mineral pasa a ser metaestable, non habendo a enerxía suficiente para que se dea a reacción inversa. Xa que logo, a mineraloxía actúa como unha fotografía das condicións termodinámicas ás cales estivo sometida a rocha. É o que nos está contando a anfibolita que estás vendo: orixinouse no hemisferio sur, fai aproximadamente 520 millóns de anos, a uns 30km de profundidade, a unha temperatura duns 600º C e grazas á oroxénese e a erosión hoxe está na superficie.

Mapa litolóxico da bisbarra de Santiago

Anfibolita

Trátase dunha rocha alóctona que se formou baixo condicións de temperaturas medias ou medio-altas e presións altas ou moderadas debido a un metamorfismo de extensión rexional relacionado co desenvolvemento de cintos oroxénicos. A rocha orixinal anterior ao metamorfismo (protolito) condiciona o tipo de rocha que se vai a xerar, a anfibolita procede de rochas ígneas básicas e ultrabásicas, sobre todo os basaltos e os gabros, é polo tanto unha metabasita máfica.

Grafico facies metamórficas

A anfibolita é unha rocha rica en silicatos como os anfíboles verdes, marróns ou negros e feldespato plagioclásico. Os anfíboles adoitan ser membros do grupo da hornblenda. Tamén pode conter cantidades menores doutros minerales metamórficos como biotita, epidota, granate, wollastonita, andalucita, estaurolita, kyanita e sillimanita. O seixo, a magnetita e a calcita tamén poden estar presentes en pequenas cantidades. É unha rocha rica en ferro e magnesio (anfíbol) e por iso, nas coordenadas publicadas, vas vela cunha gran variedade de tons ocres como consecuencia da oxidación debida á exposición atmosférica, con todo detrás desa capa a rocha é de cor practicamente negro.

PREGUNTAS ~~~~~ PREGUNTAS ~~~~~ PREGUNTAS ~~~~~ PREGUNTAS

Antes de rexistrar este EarthCaché primeiro envíame as túas respostas. Unha vez enviadas xa podes rexistralo, eu revisarei que son correctas e se houbese algún problema avísote. Os rexistros sen respostas previas borrareinos sen avisar. As fotos non son obrigatorias pero serven para comprobar a visita, por favor non reveles nelas as resposta.

1. As anfibolitas son alóctonas. Explica coas túas palabras onde se orixinaron e porque as vemos hoxe en Santiago.

2. No mapa litolóxico podemos ver en verde os xistos, dime as condicións de temperatura necesarias para que se formen? É maior ou menor que a necesaria para que se forme a anfibolita?

3. Por que dicimos que a anfibolita é unha rocha metamórfica metabásita máfica?

4. Observación. Nas coordenadas publicadas podes ver a ambos lados da estrada as anfibolitas de cores ocres, oxidadas. Busca na beirarrúa un fragmento de rocha que non estea oxidada (se cadra necesitas partir una anaco) e comparaa coas anfibolitas da seguinte foto e dime a cal se parece máis: A, B ou C.

Clic para ampliar a foto

Mándame as túas respostas.

Glosario.

Alóctono. Término aplicado ao material xeolóxico que foi transportado ao lugar de deposición. Dise dunha rocha ou xacemento situado lonxe de onde foi formado.

Cinto oroxénico. Rexión alargada, liñaal ou arqueada, de gran extensión, que foi construída por pregamento e outras deformacións durante unha oroxénese, incluíndo unha evolución na que se dan procesos magmáticos, metamórficos, sedimentarios e tectónicos

Facies. Conxunto de características das rochas dunha unidade xeolóxica, que reflicten as condicións nas que se formaron. En rochas sedimentarias considéranse os caracteres petrográficos (litofacies) e os paleontolóxicos (biofacies).

Facies das anfibolitas. Facies metamórfica caracterizada pola presenza en rochas metabásicas de plaxioclasa cálcica e hornblenda, con ou sen granate, cummingtonita e/ou clinopiroxeno diopsídico. As súas condicións de presión e temperatura son de menos de 15 kbar e de entre 500 e 700 ºC.

Límite de placas diverxente ou de acreción/construtivo. Límite entre dúas placas que se moven separándose entre si.

Límite de placas converxente/destrutivo. Límite entre dúas placas que se moven aproximándose entre si.

Máfico: Mineral rico en ferro e magnesio.

Mapa paleográfico. Mapa no que se reconstrúe a posición relativa dos continentes e os mares nun momento do tempo xeolóxico anterior.

Meta-: A maioría de rocas metamórficas teñen nomes propios, pero para referirse a elas facendo mención da roca orixinal utilízase o prefixo meta- seguido do nome dos protolitos. Por exemplo, as metabasitas derivan de rocas ígneas básicas.

Oroxéneses Conxunto de procesos xeolóxicos que dan lugar á xeración dun cinto oroxénico.

Paleozoico. Primeira en antigüidade das tres eras en que se divide o Fanerozoico. Abarca aproximadamente entre os 542 e os 251 millóns de anos (Ma) antes dos tempos actuais. Subdividese nos períodos Cámbrico, Ordovícico, Silúrico, Devónico, Carbonífero e Pérmico.

Subdución. Proceso xeolóxico asociado á converxencia de placas litosféricas segundo o cal unha placa afúndese baixo outra contigua.

Tectónica de placas. Teoría que explica a dinámica da parte máis superficial da Terra (litosfera) admitindo que esta se atopa dividida nun número de grandes pezas ou placas resistentes que se moven relativamente entre si; iso supón que a maior parte da actividade xeolóxica (sismicidade, vulcanismo, deformación, etc.) concéntrase nos límites destas placas.

Fontes:   Información Xeográfica de Galicia     Universidade de Granada      Institut Cartogràfic i Geològic de Catalunya

Galego        Castellano        English (Automatic translation)


La Tectónica de Placas postula que la parte más externa de la Tierra (la corteza) está dividida en placas que "flotan" y se desplazan sobre un material viscoso llamado astenosfera. Los límites entre las placas pueden ser de tres tipos: convergentes o destructivos, divergentes o construtivos y falla o borde transformante. En estos límites de placas se producen variaciones de presión y temperatura que van a dar lugar a distintas facies metamórficas que se denominan por el nombre del mineral o roca más característica, es decir, por un conjunto definido de minerais formados bajo las mismas condiciones de presión y temperatura. Este caché se centra en el metamorfismo regional, donde se originó la anfibolita.

Temperatura e presión, como afecta as facies metamórficas

En Santiago existen rocas que presentan evidencias de haber estado involucradas en estos límites de las placas durante el acercamiento entre las dos grandes masas continentales Laurasia y Gondwana que, en el Paleozoico, dieron lugar al súpercontinente Pangea. Sucedió en el hemisferio sur hace 520 millones de años aproximadamente.

Laurasia e Gondwana forman Panxea

Es por esto que en la zona de Santiago existen distintas rocas metamórficas (esquistos y ortogneises) que se formaron en una zona de metamorfismo dinámico (subducción) y hay otras rocas metamórficas relacionadas con este margen convergente, las anfibolitas y las serpentinitas, que también se originaron en los límites de las placas litosféricas debido al metamorfismo regional.

Hoy podemos ver estas rocas que se originaron a varios kilómetros de profundidad de la superficie porque en el proceso de metamorfosis, según el modelo de Barrow, una vez que se alcanzan las condiciones de presión (P) y temperatura (T) de las fases mineralóxicas se produce una estabilización que fijan las facies de metamorfismo y en el momento del enfriamento del sistema, regresamos la condiciones de P-T menores, y esta fase mineral pasa a ser metaestable, no habiendo la energía suficiente para que se dé la reacción inversa. Por tanto, la mineralogía actúa como una fotografía de las condiciones termodinámicas a las cuales estuvo sometida la roca. Es lo que nos está contando la anfibolita que estás viendo: se originó en el hemisferio sur, hace aproximadamente 520 millones de años, a unos 30km de profundidad, a una temperatura de unos 600º C y gracias a la orogénesis y a la erosión hoy está en la superficie.

Mapa litolóxico da bisbarra de Santiago

Anfibolita

Anfibolita

Se trata de una roca alóctona que se formó bajo condiciones de temperaturas medias o medio-altas y presiones altas o moderadas debido a un metamorfismo de extensión regional relacionado con el desarrollo de cinturones orogénicos. La roca original anterior al metamorfismo (protolito) condiciona el tipo de roca que se va a generar, la anfibolita procede de rocas ígneas básicas y ultrabásicas, sobre todo de basaltos y gabros, es por lo tanto una metabasita máfica.

Grafico facies metamórficas

La anfibolita es una roca rica en silicatos como los anfíboles verdes, marrones o negros y feldespato plagioclásico. Los anfíboles suelen ser miembros del grupo de la hornblenda. También puede contener cantidades menores de otros minerales metamórficos como biotita, epidota, granate, wollastonita, andalucita, estaurolita, kyanita y sillimanita. El cuarzo, la magnetita y la calcita también pueden estar presentes en pequeñas cantidades. Es una roca rica en hierro y magnesio (anfíbol) y por ello, en las coordenadas publicadas, vas verla con una gran variedad de tonos ocres como consecuencia de la oxidación debida a la exposición atmosférica, con todo detrás de esa capa la roca es de color practicamente negro.

PREGUNTAS ~~~~~ PREGUNTAS ~~~~~ PREGUNTAS ~~~~~ PREGUNTAS

Antes de registrar este EarthCaché primero envíame tus respuestas. Una vez enviadas ya puedes registrarlo, yo revisaré que son correctas y se hubiera algún problema te aviso. Los rexistros sin respuestas previas los borraré sin avisar. Las fotos no son obligatorias pero sirven para comprobar la visita, por favor no reveles en ellas las respuesta.

1. Las anfibolitas son alóctonas. Explica con tus palabras donde se originaron y porque las vemos hoy en Santiago.

2. En el mapa litológico podemos ver en verde los esquitos, dime las condiciones de temperatura necesarias para que se formen. ¿Es mayor o menor que la necesaria para que se forme la anfibolita?

3. ¿Por qué decimos que la anfibolita es una roca metamórfica metabásita máfica?

4. Observación. En las coordenadas publicadas puedes ver a ambos lados de la carretera las anfibolitas de colores ocres, oxidadas. Busca en la acera un fragmento de roca que no esté oxidada (a lo mejor necesitas romper una) y comparala con las anfibolitas de la siguiente foto y dime a cual se parece más: A, B o C.

Clic para ampliar a foto

Mándame tus respuestas.

Glosario.

Alóctono. Término aplicado al material geológico que ha sido transportado al lugar de deposición. Es dicho de una roca o yacimiento ubicado lejos de donde fue formado.

Cinturón orogénico. Región alargada, lineal o arqueada, de gran extensión, que ha sido construida por plegamiento y otras deformaciones durante una orogénesis, incluyendo una evolución en la que se dan procesos magmáticos, metamórficos, sedimentarios y tectónicos.

Facies. Conjunto de características de las rocas de una unidad geolóxica, que reflejan las condiciones en las que se formaron. En rocas sedimentarias se consideran los caracteres petrográficos (litofacies) y los paleontológicos (biofacies).

Facies de las anfibolitas. Facies metamórfica caracterizada por la presencia en rocas metabásicas de plagioclasa cálcica hornblenda, con o sin granate, cummingtonita y/o clinopiroxeno diopsídico. Sus condiciones de presión y temperatura son de menos de 15 kbar y de entre 500 y 700 ºC.

Límite de placas divergente o de acreción/constructivo. Límite entre dos placas que se mueven separándose entre sí.

Límite de placas convergente/destructivo. Límite entre dos placas que se mueven aproximándose entre sí.

Máfico: Mineral rico en hierro y magnesio.

Mapa paleogeográfico. Mapa en el que se reconstruye la posición relativa de los continentes y los mares en un momento del tiempo geológico anterior.

Meta-: La mayoría de rocas metamórficas tienen nombres propios, pero para referirse a ellas haciendo mención de la roca original se utiliza el prefijo meta- seguido del nombre de los protolitos. Por ejemplo, las metabasitas derivan de rocas ígneas básicas.

Orogénesis. Conjunto de procesos geológicos que dan lugar a la generación de un cinturón orogénico.

Paleozoico. Primera en antigüedad de las tres eras en que se divide el Fanerozoico. Abarca aproximadamente entre los 542 y los 251 Ma antes de los tiempos actuales. Se subdivide en los períodos Cámbrico, Ordovícico, Silúrico, Devónico, Carbonífero y Pérmico.

Subducción. Proceso geológico asociado a la convergencia de placas litosféricas según el cual una placa se hunde bajo otra contigua.

Tectónica de placas. Teoría que explica la dinámica de la parte más superficial de la Tierra (litosfera) admitiendo que ésta se encuentra dividida en un número de grandes piezas o placas resistentes que se mueven relativamente entre sí; ello supone que la mayor parte de la actividad geológica (sismicidad, vulcanismo, deformación, etc.) se concentra en los límites de estas placas.

Fuentes:   Información Xeográfica de Galicia     Universidade de Granada      Institut Cartogràfic i Geològic de Catalunya

Galego        Castellano        English (Automatic translation)


Plate Tectonics postulates that the outermost part of the Earth (the crust) is divided into plates that "float" and move on a viscous material called asthenosphere The boundaries between the plates can be of three types: convergent or destructive, divergent or constructive and fault or transforming edge. In these plate boundaries produce variations in pressure and temperature that will lead to different metamorphic facies that are called by the name of the mineral or rock more characteristic, that is, by a defined set of miners formed under the same conditions of pressure and temperature. This cache focuses on the regional metamorphism, where amphibolite originated.

Temperatura e presión, como afecta as facies metamórficas

In Santiago there are rocks that present evidence of having been involved in these plate boundaries during the approach between the two great masses continental Laurasia and Gondwana that, in the Paleozoic, gave rise to the supercontinent Pangea. It happened in the southern hemisphere approximately 520 million years ago.

Laurasia e Gondwana forman Panxea

That is why in the Santiago area there are different metamorphic rocks (schists and orthogneises) that formed in a dynamic metamorphism zone (subduction) and there are other metamorphic rocks related to this convergent margin, amphibolites and serpentinites, which also originated in the plate boundaries lithospheric due to regional metamorphism.

Today we can see these rocks that originated several kilometers deep from the surface because in the process of metamorphosis, according to Barrow's model, once the conditions of pressure (P) and temperature (T) of the mineral phases are reached, stabilization occurs that fix the metamorphism facies and at the time of the cooling of the system, we return the lower P-T conditions, and this mineral phase becomes metastable, not having enough energy for the reverse reaction to occur. Therefore, the mineralogy acts as a photograph of the thermodynamic conditions to which the rock was subjected. It's what the amphibolite you are seeing is telling us: it originated in the southern hemisphere, approximately 520 million years ago, about 30km deep, at a temperature of about 600º C and thanks to the orogenesis and erosion it is on the surface today.

Mapa litolóxico da bisbarra de Santiago

Amphibolite

It is an allochthonous rock that formed under conditions of medium or medium-high temperatures and high or moderate pressures due to metamorphism of regional extension related to the development of orogenic belts. The original rock prior to metamorphism (protolite) determines the type of rock to be generated, amphibolite comes from basic and ultrabasic igneous rocks, especially basalts and gabros, is therefore a mafic metabasite.

Grafico facies metamórficas

Amphibolite is a rock rich in silicates such as green, brown or black amphiboles and plagioclastic feldspar. Amphibians are usually members of the hornblende group. It may also contain smaller amounts of other metamorphic minerals such as biotite, epidote, garnet, wollastonite, Andalusian, Staurolite, kyanita and sillimanita. Quartz, magnetite and calcite may also be present in small amounts. It is a rock rich in iron and magnesium (amphibole) and therefore, in the published coordinates, you will see it with a great variety of ocher tones as a result of the oxidation due to atmospheric exposure, with everything behind that layer the rock is practically black in color.

QUESTIONS ~~~~~ QUESTIONS ~~~~~ QUESTIONS ~~~~~ QUESTIONS

Before registering this EarthCaché first send me your answers. Once sent you can register it, I will check that they are correct and it would have Some problem let you know. I will delete the records without previous answers without warning. The photos are not mandatory but they serve to check the visit, please Do not reveal in them the answers.

1. Amphibolites are alloctones. Explain with your words where they originated and why we see them today in Santiago.

2. On the lithological map we can see the schites in green, tell me the temperature conditions necessary for them to form. Is it greater or less than the necessary for amphibolite to form?

3. Why do we say that amphibolite is a metamorphic metaphytic mafic rock?

4. Observation. In the published coordinates you can see on both sides of the road the amphibolites of ocher, rusty colors. Look on the sidewalk for a rock fragment that is not oxidized (maybe you need to break one) and compare it with the amphibolites in the following photo and tell me which one it looks more like: A, B or C.

Clic para ampliar a foto

Send me your answers.

Glossary.

Alloctonous Term applied to the geological material that has been transported to the place of deposition. It is said of a rock or deposit located far from where it was formed.

Orogenic belt. Elongated region, linear or arched, of great extension, which has been constructed by folding and other deformations during an orogenesis, including an evolution in which magmatic, metamorphic, sedimentary and tectonic processes occur.

Facies Set of characteristics of the rocks of a geological unit, which reflect the conditions in which they were formed. In sedimentary rocks they are considered Petrographic characters (lithofacies) and paleontological characters (biofacies).

Facies of amphibolites. Metamorphic facies characterized by the presence in hornblende calcium plagioclase metabolic rocks, with or without garnet, cummingtonite and / or diopsid clinopyroxene. Its pressure and temperature conditions are less than 15 kbar and between 500 and 700 ° C.

Limit of divergent or accretion / constructive plates. Boundary between two plates that move apart from each other.

Convergent / destructive plate limit. Boundary between two plates that move approaching each other.

Mafic: Mineral rich in iron and magnesium.

Paleogeographic map. Map in which the relative position of the continents and the seas is reconstructed at a time of the previous geological time.

Meta-: Most metamorphic rocks have their own names, but to refer to them mentioning the original rock, the meta-prefix is used, followed by the name of the protolites. For example, metabasites are derived from basic igneous rocks.

Orogenesis. Set of geological processes that give rise to the generation of an orogenic belt.

Paleozoic. First in antiquity of the three ages in which the Phanerozoic is divided. It covers approximately between 542 and 251 Ma before current times. Be subdivided in the Cambrian, Ordovician, Siluric, Devonian, Carboniferous and Permian periods.

Subduction Geological process associated with the convergence of lithospheric plates according to which one plate sinks under another contiguous one.

Tectonic plates. Theory that explains the dynamics of the most superficial part of the Earth (lithosphere) admitting that it is divided into a number of large pieces   or resistant plates that move relative to each other; This means that most of the geological activity (seismicity, volcanism, deformation, etc.) is   Concentrate on the limits of these plates.

Documentary sources:   Información Xeográfica de Galicia     Universidade de Granada      Institut Cartogràfic i Geològic de Catalunya

Flag Counter

Additional Hints (Decrypt)

Aba é arprfnevb pehmne n rfgenqn. Ab rf arprfnevb pehmne yn pneergren. Vg vf abg arprffnel gb pebff gur ebnq.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)