Skip to content

Geocacheando por Betanzos Multi-cache

Hidden : 5/7/2010
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Colocamos este caché para axudar a que a xente que non coñece esta fermosa vila poida facelo e para que os que xa teñen estado por aquí teñan unha escusa para voltar.

A visita comezará na praza principal, a praza dos irmáns García Naveira, e consistirá en visitar catro lugares diferentes do casco vello buscando as respostas ás preguntas que propoñemos. As coordenadas finais levaranvos ás inmediacións do Parque do Pasatempo (a aproximadamente 1 km da praza), un “parque enciclopédico” que crearon os irmáns cando regresaron da emigración como agasallo á súa cidade natal.

Desgraciadamente, as condicións da parte antiga do parque xa non son seguras para a súa visita por falta de mantemento durante moitas décadas. Agora mesmo está sendo rehabilitado e a única forma de visitala é mediante visitas guiadas organizadas polo Concello. De todas formas, pensamos que segue a ser interesante achegarse alí e coñecer desde fóra o pouco que se pode ver. A parte que segue aberta do recinto, aínda que non ten tanto interese histórico, tamén é moi recomendábel para dar un paseo e pasar un bo rato.

Esperamos que vos guste!


ETAPA 1: Praza dos Irmáns García Naveira

As coordenadas iniciais levaranvos a unha praza onde teredes que buscar diferentes datos para obter as seguintes cifras:

- Perto das coordenadas hai unha estatua de dúas persoas; con quen fala por teléfono unha delas?
a) Coa Fe [A=3]
b) Coa Caridade [A=8]
c) Co seu irmán [A=1]
d) Coa Esperanza [A=7]

- Na mesma praza hai unha fonte e nesta un ano xunto ao nome da vila. Cal é?
a) 1808 [B=3]
b) 1867 [B=9]
c) 1902 [B=2]
d) 1866 [B=5]

- Por último, terás que contar o número de columnas que sosteñen o palco da música que tamén estarás vendo:
a) 8 [C=7]
b) 5 [C=1]
c) 10 [C=4]
d) 7 [C=6]

As coordenadas da segunda etapa son: N 43º 16.ABC W 8º 12.(C-1)AB


ETAPA 2

Ao chegar ao novo punto:

- Busca nun dos paneis informativos o século de construción do pazo que hai á esquerda:
a) XV [ABC=929]
b) XIX [ABC=548]
c) XII [ABC=939]
d) XIV [ABC=878]

- No mesmo panel fálase dunha construción da cidade que tivo que ser reformada tras un terremoto. En que ano ocorreu esta desgraza?
a) 1755 [DEF=686]
b) 1561 [DEF=601]
c) 1799 [DEF=279]
d) 1912 [DEF=742]

As coordenadas da terceira etapa son: N 43º 16.ABC W 8º 12.DEF


ETAPA 3

- Nesta etapa chegarás á porta dunha igrexa. A primeira incógnita é o número da rúa que ocupa:
a) 15 [A=1]
b) 11 [A=8]
c) 8 [A=5]
d) 2 [A=9]

- Cantas destas bolas de pedra hai no adro?
a) 12 [B=4]
b) 9 [B=3]
c) 6 [B=2]
d) 3 [B=1]



- A que estilo arquitectónico pertence esta igrexa?
a) Románico [C=7]
b) Renacentista [C=1]
c) Barroco [C=6]
d) Gótico [C=5]

As coordenadas da cuarta etapa son: N 43º 16.ABC W 8º 12.(B+C)(3*B)(3*B)


ETAPA 4

- Agora chegarás aos límites da zona vella, en concreto nunha porta da que o primeiro que tes que descubrir é quen foi o seu construtor:
a) Silvestre Concheiro [ABC=681]
b) Afonso Pardiñas [ABC=656]
c) Dinís Lópes [ABC=630]
d) Joao Soares [ABC=626]

- Na encrucillada de que rúas da zona vella atopas a porta?
a) Rúa Cristo / Rúa Cerca [DEF=103]
b) Rúa San Francisco / Rúa Cabildos [DEF=178]
c) Rúa Cerca / Rúa Prateiros [DEF=201]
d) Rúa dos Ferreiros / Rúa do Hórreo / Rúa San Francisco [DEF=166]

As coordenadas da etapa final son: N 43º 16.ABC W 8º 13.DEF


ETAPA FINAL

Como xa dixemos, se todos os pasos foron correctos, estaredes nas inmediacións do Pasatempo. O caché está escondido fóra do recinto, polo que non é necesario acceder a el. De todas formas, recomendámosvos que deades un paseo polo parque porque paga a pena. O horario de apertura é o seguinte:

O Parque permanecerá aberto ininterrumpidamente todos os días de 9:00 a 18:30.

 

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb. Qronvkb qb cbfgr, ra ubevmbagny.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)