Skip to content

318-008-0 Traditional Geocache

Hidden : 3/28/2009
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego   Castelán   Saltar texto

Magnético. Leva con que escribir e actúa con discreción. A tapa da caixiña é de rosca. Non é posible o intercambio.

Unha máquina como esta só a podes ver en Santiago de Compostela (318-008-0), en Monforte de Lemos (318-012-2) e en Vilanova i la Geltrú (318-001-5).

318-008-0.gif

Breve historia das ALCo 318 (RENFE 1800)

O incremento da produción de mineral da conca de Ponferrada arredor de 1955 e que tiña a saída en tren cara os portos de Vigo e A Coruña, levou a RENFE (creada en 1941 por nacionalización das diversas compañías ferroviarias existentes) a elaborar un estudo sobre a mellora desta liña e da que ía continuar cara Madrid, así naceu o Plan Galicia. As locomotoras de vapor máis numerosas eran as Mikado e o que se propoñía era a súa substitución polas diésel-eléctricas máis potentes. Na actualidade está operativa a Mikado 141-F2111 restaurada no Museo do Ferrocarril de Galicia en Monforte de Lemos. Neste Plan Galicia incluíase a intención de adquirir 50 máquinas de gran potencia, do mesmo tipo, pero máis potentes, que as 1600 incorporadas en 1954 (A primeira, a 1615 era coñecida por “Marilyn”) que modernizaron as liñas andaluzas. Este plan Galicia non se levaría adiante na totalidade, pero en 1957, coa axuda americana, RENFE compra as 24 primeiras e únicas locomotoras á empresa ALCo (American Locomotive Company) a un prezo de 280.812$ por unidade. En 1958, coincidindo coa inauguración da liña Zamora-Madrid chegan as 24 máquinas 318 de ALCo, preparadas na fábrica Euskalduna as tres primeiras saen para Madrid provisionalmente, despois todas son asignadas provisionalmente ao depósito de Monforte, pasando posteriormente ao de Ourense (1960). Desde finais de 1958 ata 1964 traballaron na campaña da laranxa en Valencia.

Desde ese momento as ALCo 1800 (RENFE números 1801 a 1824) quedaron ligadas a Galicia, e a súa presenza fíxose cotiá nas liñas galegas, comezaron levando os trens máis importantes que unían Galicia con Madrid para ir estendéndose a toda a rede galega, foron asignadas aos expresos e tamén ao famoso “Pescadeiro”, un tren de mercadorías con categoría de expreso. A cor orixinal era prata con franxas verdes (como a actual 1812), cambiando na década dos 60 ás cores dos diésel de RENFE, verde con franxas amarelas (como está hoxe a 1808).

Ata 1965 as ALCo 1800 son as tractoras dos trens máis importantes, desde ese momento comparten coas novas 321 o protagonismo e no ano 1974 a irrupción das 333 marca o declive das 318, que pasaron aos servizos de mercadorías e ómnibus. A partir de finais dos 80 xa é difícil atopar repostos, polo que se empeza por despezar unhas para reparar outras. Como non teñen un sistema de freo apto para remolcar o material moderno, en 1992 RENFE decidiu retirar 13 do servizo activo coa intención de vendelas, o 1 de agosto de 1994 as restantes quedan definitivamente fóra de servizo.

 

Consérvanse en funcionamento dúas:

1812 restaurada maxistralmente polo Museo do Ferrocarril de Galicia, prestando as súa forza motriz ao tren especial “Galaico Expreso” que o forma distinto material ferroviario de época, no que destaca, ademais da 1812, a locomotora de vapor Mikado 141-F2111 e unha eléctrica 7700, que tiran dun coche salón, coches cama, vagón restaurante, coche cafetería, vagón cine e un furgón xerador. Desde 1962 arrastrou o popular tren “Shangai” Barcelona-Monforte-A Coruña, o de maior percorrido de España, e tamén prestou servizo cruzando o porto de Pajares para despexar a neve da vía. (Ver foto con quitaneves). Deixou de prestar servizo en RENFE en 1993.

1809 Descoñezo a situación actual desta máquina. É a única que ten freo dual apto para os vagóns novos, por iso continuou activa, dispón deste dispositivo dobre logo da reparación á que foi sometida despois dun accidente. No 2004 aínda prestaba os seus servizos na empresa construtora TECSA 318.009, que lla comprou a RENFE en 1994.

 

Tamén se conservan fixas:

1808 protagonista deste tesouro e valeira completamente para ser a sede da Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril (ACAF), fixo a súa viaxe inaugural de Santiago a Ourense en 1958 e foi apartada do servizo en abril de 1991.

1801 atópase no Museo do Ferrocarril de Vilanova i la Geltrú.

 

Ata hai pouco podíanse ver a:

1806 probablemente despezada, estaba almacenada no TCR de Villaverde Bajo (Madrid) en decembro de 1998, asociada ao Proyecto RAMA. Este proxecto de RENFE ía destinado á venda do material en desuso e desde 2002 xa non é operativo, despezándose moito material depositado.

1810 probablemente despezada, asociada ao Proyecto RAMA.

1816 en Ourense,en moi mal estado o que dificulta a súa restauración.

 

No 2001 estaban en Monforte: 318-002-3,  318-004-9, 318-007-2, 308-010-8, 318-013-0, 318-015-5, 318-016-3 e 318-021-3 das que probablemente algunha se empregou na reconstrucción da 318-012-2.

 

Datos técnicos

Tecnicamente as máquinas están baseadas nas ALCo Clase 318 Modelo FPD-7 DL-500-C. O motor (tipo 251-B) é diésel de catro tempos e 12 cilindros en V, que impulsa un xerador que produce a corrente eléctrica necesaria para alimentar a transmisión eléctrica, fabricada por General Electric, que move as rodas. A potencia nominal é de 1.980 CV (1.457 kW). Os carretóns son de tipo Commonwealth coa disposición de eixos Co-Co, son tres eixos motrices agrupados e non acoplados que funcionan independentemente, é dicir 6 motores eléctricos de tracción, cada carretón leva 3 pares de rodas de 1.016 mm de diámetro para o ancho de vía 1.668 mm. Con un peso de 109 Tm podía circular a unha velocidade máxima de 120 km/h e manter un esforzo continuo de tracción de 18.200 kg a 22 km/h. O depósito de combustible ten capacidade para 3.030 l. A súa lonxitude entre topes é de 18 m, 2,8 m de ancho e 4 m de altura. Este modelo orixinalmente só tiña unha cabina de condución, pero solicitouse a ALCo que dispuxeran de dobre cabina, o posto de mando é triplo, o que permite controlar ata 3 máquinas atreixadas no mesmo tren. Dispoñía de sistema de calefacción para os coches mediante caldeira de vapor e de 4 depósitos de area (622 litros totais) para evitar que as rodas esvaren, a area aumenta o coeficiente de rozamento entre a roda e o rail, impedindo que escorreguen.

Información e datos extraídos de Carrileiros, Web Ferroviária e ALCoWORLD.

 

Vídeos

318-019 Máquina illada (1989)

318-007 Máquina illada (1989)

318-021Entrada dun “mercadorías” (1990)

318-014Saída dun “mercadorías” (1990)

 

 

Galego   Castelán   Saltar texto

Magnético. Lleva con que escribir y actúa con discreción. La tapa de la cajita es de rosca. No es posible el intercambio.

Una máquina como esta solo la puedes ver en Santiago de Compostela (318-008-0), en Monforte de Lemos (318-012-2) y en Vilanova i la Geltrú (318-001-5).

318-008-0.gif

Breve historia de las ALCo 318 (RENFE 1800)

El incremento de la produción de mineral de la cuenca de Ponferrada en torno a 1955 y que tenía la salida en tren hacia los puertos de Vigo y A Coruña, llevó a RENFE (creada en 1941 por nacionalización de las diversas compañías ferroviarias existentes) a elaborar un estudio sobre la mejora de esta línea y de la que se iba a continuar hacia Madrid, así nació el Plan Galicia. Las locomotoras de vapor más numerosas eran las Mikado y lo que se proponía era su sustitución por las diésel-eléctricas más potentes. En la actualidad está operativa la Mikado 141-F2111 restaurada en el Museo do Ferrocarril de Galicia en Monforte de Lemos. En este Plan Galicia se incluía la intención de adquirir 50 máquinas de gran potencia, del mismo tipo, pero más potentes, que las 1600 incorporadas en 1954 (La primera, la 1615 era conocida por “Marilyn”) que modernizaron las líneas andaluzas. Este Plan Galicia no se llevaría a cabo en su totalidad, pero en 1957, con ayuda americana, RENFE compra las 24 primeiras y únicas locomotoras a la empresa ALCo (American Locomotive Company) a un prezo de 280.812$ por unidad. En 1958, coincidiendo con la inauguración de la línea Zamora-Madrid llegan las 24 máquinas 318 de ALCo, preparadas en la fábrica Euskalduna, las tres primeras salen para Madrid provisionalmente, después todas son asignadas provisionalmente al depósito de Monforte, pasando posteriormente al de Ourense (1960). Desde finales de 1958 hasta 1964 trabajaron en la campaña de la naranja en Valencia.

Desde ese momento las ALCo 1800 (RENFE números 1801 a 1824) quedaron ligadas a Galicia, y su presencia se hizo cotidiana en las líneas gallegas, comezaron llevando los trenes más importantes que unían Galicia con Madrid para ir extendiéndose a toda la red gallega, fueron asignadas a los expresos y tamén al famoso “Pescadeiro”, un tren de mercancías con categoría de expreso. El color original eran plata con franjas verdes (como la actual 1812), cambiando en la década de los 60 a los colores de los diésel de RENFE, verde con franjas amarillas (como está hoy la 1808).

Hasta 1965 las ALCo 1800 son las tractoras de los trenes máis importantes, desde ese momento comparten con las nuevas 321 el protagonismo y en el año 1974 la irrupción de las 333 marca el declive de las 318, que pasaron a los servicios de mercancías y ómnibus. A partir de finales de los 80 ya es difícil encontrar repuestos, por lo que se empieza por desguazar unas para reparar otras. Como no tienen un sitema de freno apto para remolcar el material moderno, en 1992 RENFE decidió retirar 13 del servicio activo con la intención de venderlas, el 1 de agosto de 1994 las restantes quedan definitivamente fuera de servicio.

 

Se conservan en funcionamento dos:

1812 restaurada magistralmente por el Museo do Ferrocarril de Galicia, prestando su fuerza motriz al tren especial “Galaico Expreso” que lo forma distinto material ferroviario de época, en el que destaca, ademas de la 1812, la locomotora de vapor Mikado 141-F2111 y una eléctrica 7700, que tiran de un coche salón, coches cama, vagón restaurante, coche cafetería, vagón cine y un furgón generador. Desde 1962 arrastró el popular tren “Shangai” Barcelona-Monforte-A Coruña, el de mayor recorrido de España, y también presto servicio cruzando el puerto de Pajares para despejar la nieve de la vía. (Ver foto con quitanieves). Dejó de prestar servicio en RENFE en 1993.

1809 Desconozco la situación actual de esta máquina. Es la única que tiene freno dual apto para los vagones nuevos, por eso continuó activa, dispone de este dispositivo desde la reparación a que fue sometida después de un accidente. En el 2004 aún prestaba sus servicios en la empresa constructora TECSA 318.009, que se la compró a RENFE en 1994.

 

También se conservan fijas:

1808 protagonista de este tesoro y vacíacompletamente para ser la sede de la Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril (ACAF), hizo su viaje inaugural de Santiago a Ourense en 1958 y fue apartada del servicio en abril de 1991.

1801 se encuentra en el Museo do Ferrocarril de Vilanova i la Geltrú.

 

Hasta hace poco se podía ver la:

1806 probablemente ya desguazada, estaba almacenada en el TCR de Villaverde Bajo (Madrid) en deciembre de 1998, asociada al Proyecto RAMA. Este proyecto de RENFE estaba destinado a la venta del material en desuso y desde 2002 ya no es operativo, desguazándose mucho material depositado.

1810 probablemente desguazada, asociada al Proyecto RAMA.

1816 en Ourense,en muy mal estado lo que dificulta su restauración.

 

En 2001 estaban en Monforte: 318-002-3,  318-004-9, 318-007-2, 308-010-8, 318-013-0, 318-015-5, 318-016-3 y 318-021-3 de las que probablemente alguna se utilizó en la reconstrucción de la 318-012-2.

 

Datos técnicos

Tecnicamente las máquinas están basadas en las ALCo Clase 318 Modelo FPD-7 DL-500-C. El motor (tipo 251-B) es diésel de cuatro tiempos y 12 cilindros en V, que impulsa un generador que produce la corriente eléctrica necesaria para alimentar la transmisión eléctrica, fabricada por General Electric, que mueve las ruedas. La potencia nominal es de 1.980 CV (1.457 kW). Los bogies son de tipo Commonwealth con la disposición de ejes Co-Co, son tres ejes motrices agrupados y no acoplados que funcionan independentemente, es decir 6 motores eléctricos de tracción, cada bogie lleva 3 pares de ruedas de 1.016 mm de diámetro para el ancho de vía 1.668 mm. Con un peso de 109 Tm podía circular a una velocidad máxima de 120 km/h y mantener un esfuerzo continuo de tracción de 18.200 kg a 22 km/h. El depósito de combustible tiene capacidad para 3.030 l. Su longitud entre topes es de 18 m, 2,8 m de ancho e 4 m de altura. Este modelo originalmente solo tenía unha cabina de conducción, pero se solicitó a ALCo que dispusieran de doble cabina, el puesto de mando es triple, lo que permite controlar ata 3 máquinas solidarias en el mesmo tren. Disponía de sistema de calefacción para los coches mediante caldera de vapor y de 4 depósitos de arena (622 litros totales) para evitar el problema que supone el patinado de las ruedas, la arena aumenta el coeficiente de rozamiento entre la rueda y el rail, impidiendo que resbalen.

Información y datos extraídos de Carrileiros, Web Ferroviária e ALCoWORLD.

 

Vídeos

318-019Máquina aislada (1989)

318-007Máquina aislada (1989)

318-021Entrada de un mercancías (1990)

318-014Salida de un mercancias (1990)

 

 

Galego   Castelán   Saltar texto

Leva con que escribir e actúa con discreción. Non é posible o intercambio.

Lleva con que escribir y actúa con discreción. No es posible el intercambio.

Take something to write and act with discretion. You can’t exchange.

 

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb Zntargvp

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)