Skip to content

Un parque no cemiterio Traditional Geocache

Hidden : 4/26/2008
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Este tesouro quere recomendar a visita ao Parque de Bonaval, ao Museo do Pobo Galego e ao Centro Galego de Arte Contemporánea.

 

Galego   Castellano   Saltar texto

Este parque, na aba do monte da Almáciga e preto da Porta do Camiño, abreu ao público en 1994. En 1997 os arquitectos Álvaro Siza e Isabel Aguirre foron premiados pola rehabilitación do cemiterio e das hortas do antigo mosteiro de San Domingos de Bonaval (XIII). Polo parque  aínda se poden ver as ruínas de algunhas dependencias dos frades e os nichos do cemiterio. A entrada principal estaba na actual rúa Bonaval.

O cemiterio

Este cemiterio data de 1847 e a súa orixe está na prohibición dos enterramentos nas igrexas en 1805, que comezaban a quedar rodeadas polas vivendas, o que provocaba un aire pouco saudable e moitas veces enfermidades. Por exemplo, ata 1810 os presos enterrábanse na capela da Santísima Trinidade da Catedral.

En 1839 cómpranse os terreos pero por diverxencias entre o concello e o arcebispado non comezan as obras ata 1846 e inaugúrase sen rematar en 1847. Polo incremento da poboación en 1893 empeza a quedar pequeno e por iso se acorda construir un novo en Boisaca, funcionando os dous ata os anos 70.

O cemiterio de Bonaval estaba pechado por un muro e o acceso ao mesmo era por unha porta de ferro na rúa Bonaval, esta porta conservase hoxe e nela aínda se pode ler “Cementerio General 1847”. Unha vez dentro dividíase en varias rúas, ao lado das que se poñían os sepulcros de 1ª, 2ª e 3ª; ademais dos nichos en parede. Segundo se entra á dereita unhas escaleiras permiten salvar o desnivel que conducía ao cemiterio civil. Na actualidade conservase na mesma forma.

O mosteiro e a igrexa

O mosteiro de estilo barroco, acolle un interesante museo etnográfico, o Museo do Pobo Galego e unha sorprendente escaleira de caracol tripla, mostra do virtuosismo do construtor Domingo de Andrade (XVII), das tres ramplas só unha conduce ao miradoiro.

Tamén merece a pena visitar a igrexa (XIV) de estilo gótico, á que se accede a través do museo. Nunha capela lateral alberga o Panteón dos Galegos Ilustres, onde repousan, entre outros, Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas e Francisco Asorey.

O CGAC

Ao lado do convento inaugurouse en 1993 o Centro Galego de Arte Contemporánea, proxectado tamén polo arquitecto portugués Álvaro Siza.

 

Galego   Castellano   Saltar texto

Este parque, en la ladera del monte de A Almáciga, cerca de A Porta do Camiño, abrió al público en 1994. En 1997 los arquitectos Álvaro Siza e Isabel Aguirre fueron premiados por la rehabilitación del cementerio y de las huertas del antiguo monasterio de San Domingos de Bonaval (XIII). Por el parque aún se pueden ver las ruinas de algunas dependencias de los frailes y los nichos del cementerio. La entrada principal estaba en la actual calle Bonaval.

El cementerio

Este cementerio data de 1847 y su origen está en la prohibición de los entierros en las iglesias en 1805, que comenzaban a quedar rodeadas por las viviendas, lo que provocaba un aire malsano y muchas veces enfermedades. Por ejemplo, hasta 1810 los presos se enterraban en la capilla de la Santísima Trinidad de la Catedral.

En 1839 se compran los terrenos pero por divergencias entre el ayuntamiento y el arzobispado no comienzan las obras hasta 1846 y se inaugura sin terminar en 1847. Por el incremento de la población en 1893 empieza a quedar pequeño y por eso se acuerda construir uno nuevo en Boisaca, funcionando los dos hasta los años 70.

El cementerio de Bonaval estaba cerrado por un muro y el acceso al mismo era por una puerta de hierro en la calle Bonaval, esta puertas se conserva hoy y en ella aún se puede leer “Cementerio General 1847”. Una vez dentro se dividía en varias calles, al lado de las cuales se ponían los sepulcros de 1ª, 2ª y 3ª; además de los nichos en pared.  Según se entra a la derecha unas escaleras permiten salvar el desnivel que conducía al cementerio civil. En la actualidad se conserva en la misma forma.

El monasterio y la iglesia

El monasterio, de estilo barroco, acoge un interesante museo etnográfico, el Museo do Pobo Galego y una sorprendente escalera de caracol triple, muestra del virtuosismo del constructor Domingo de Andrade (XVII), de las tres rampas solo una conduce al mirador.

También merece la pena visitar la iglesia (XIV) de estilo gótico, a la que se accede a través del museo. En una capilla lateral alberga el Panteón dos Galegos Ilustres, donde reposan, entre otros, Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas y Francisco Asorey.

O CGAC

Al lado del convento se inauguró en 1993 el Centro Galego de Arte Contemporánea, proyectado también por el arquitecto portugués Álvaro Siza.



O tamaño do recipiente non permite o intercambio, é un tubo de plático de 14 cm de longo e 1,5 cm de diámetro. O parque está aberto de abril a setembro de 8h a 23h e de outubro a marzo de 9h a 20h. É recomendable levar con que escribir. 

El tamaño del recipiente no permite el intercambio, es un tubo de plástico de 14 cm de largo y 1,5 cm de diámetro. El parque está abierto de abril a septiembre de 8h a 23h y de octubre a marzo de 9h a 20h. Es recomendable llevar con que escribir.

Additional Hints (Decrypt)

Ab zheb, gncnqb cbe 1 crqen. Ra ry zheb, gncnqb cbe 1 cvrqen. Ba gur jnyy, pbirerq ol 1 fgbar.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)